GMH/ÍNDICE A-Z

141

1419, xuño, 24. Viveiro.
O bispo de Mondoñedo don Xil Soutelo (1415-1425), presentándose na vila de Viveiro, pediu, en repetidas ocasións, ás autoridades que lle entregasen os nomes de persoas (cobros) entre as que el designaría alcalde, facendo ler, para poñer de relevo os seus dereitos a este respecto, tres documentos: 1º convenio entre o bispo don Gonzalo, de 1319, e o Concello de Viveiro sobre a presentación de cobros; 2º carta do rei don Sancho IV, de 1292, que manda ó mencionado concello que lle presente ó bispo os cobros para a elección de alcaldes; 3º carta do bispo don Francisco, de 1371, reclamando os cobros e testemuño da reunión realizada para o efecto. En 1419 os membros do concello de referencia discreparon entre si sobre a obrigación de presentarlle ó bispo os cobros.
A, perg., caderno, con signo notarial, de 11 follas escritas, con tres en branco, de 238 x 169 mm. Letra semigótica.
Ed.: e. cal pardo: “De Viveiro en la Edad Media”, op. cit., pp. 185-192.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 190.

(Elegante letra capital). Enna iglesia de Santiago de Viueiro sabado vinte / et quatro dias do mes juyo anno do nasçemen/to de nos Saluador Jesucristo de mill et quatro/çentos et dez et noue annos seendo junta/dos enna dita iglesia os homes boos moradores et pobladores / da dita villa de Viueiyro Fernan Yanes Viçoso Lopo Ga/llo Iohan Yanes et Çeruo Gomez Gonçaluez de Cora / Gonçaluo Yanes de Cora seu fillo Gomes Fernandes de / Çeruo Afonso Yanes Viçoso Iohan Viçoso Pedro Viçoso / fillos do dito Fernand Yanes Pedro Lopez Viçoso Iohan / Fernandes Sazido Pedro Furtado Pedro Fernandes Babeca Afonso Yanes / Aferça Afonso Marinno Ruy Reçado Iohan Rodriguez de / Muros Afonso Abade jurados do dito conçello da dita villa et / Iohan Afonso de Veiga Fernand Marques et Lopo Afonso do Ydral alfayate et Afonso Paleo procuradores que se dizen da hua / partida da comunidade desta villa et en presença de min / Fernand Gonçaluez de Caruallido escriuano de noso sennor / el rey et seu notario publico enna sua corte et en todos los / seus regnos et das testemoyas a iuso escritas paresçeu et steuo(?) / enna dita iglesia o moyto honrrado en Cristo padre et sennor / don Gil obispo de Mondonedo et presentou et fezo leer por min / o dito Fernand Gonçaluez notario tres cartas signadas de escriuanos / publicos escritas en pulgameo segund por elas paresçia as quaes eu o dito Fernand Gonçaluez de Caruallido logo / ley altas vozes ante os ditos homes boos et jurados / et procuradores et o thenor delas he este que se sigue:
Enno nomme de Deus. Amen. Saban quantos esta carta viren commo / nos don Gonçaluo por la graça de Deus obispo de Mondonedo / por fazer seruiço a Deus et a el rey noso sennor et prol et guarda / et honrra noso et da dita iglesia de Mondonnedo et das suas cou/sas et dos seus vasallos et de uos o conçello de Viueiro et / de Pedro Fernandes et Iohan Martines alcaldes dese lugar et de Fernand / Yanes juiz et de uosos vesinos et parentes et amigos et / das vosas cousas et por fazer amistiça commo deue et que / cada hun aia o seu dereito fazemos entre nos obispo et conçello et / alcaldes et juyz sobreditos estas posturas que se siguen: primeiramente nos o conçello sobredito prometemos et outor/gamos de dar cobros cada anno por dia de San Iohan Bap/tista ao bispo de Mondonedo para fazer alcaldes des aqui endeante / segundo senpre fuy acustumado ata aqui et nos conçello et / alcaldes et juyz sobreditos deuemos de reçeber a uos o dito / sennor obispo enna villa de Viueiro cada que verredes con vosa gente / et con outros que y quiserdes meter todavia a saluo dos alcal/des et juyzes et do conçello et senpre a saluo o sennorio de no/so sennor el rey et nos o dito conçello et alcaldes et juizes / deuemos aa gardar et defender a villa de Viueiro para seruiço de / noso sennor el rey et nos o conçello et alcaldes et juyz non / deuemos de resçeber enna villa de Viueiro outro homme ninguno / poderoso nen outro por que se posa seguir desseruiço del rey nen / de uos o dito sennor obispo nen de uosa iglesia nen uoso danno / nen outro homme ningun que seia eamigo de uos obispo nen que faga / mal a uos nen aa iglesia de Mendonedo nen aas uosas cousas nen aos vosos vasallos et nos obispo non deuemos a resçebir / en nosas terras nen en nosas villas enemigo de uos / o conçello nen quen vos faça mal et se andar tal home en / nosa terra que vos mal faça deuemoslo a estrannar commo / se o fezese a nosos vasallos. Et nos o conçello et alcaldes et juiz deuemos parar ben os dereitos de uos o sennor obispo / et da iglesia de Mondonedo que ha enna villa de Viueiro et enno / seu alfoz en guisa que os aiades ben parados et senna/ladamente que nos os alcaldes façamos pagar a uos o / sennor obispo ou a voso procurador ben et conpridamente con / dereito as deuedas que vos deuen en Viueiro et en seu termino et / daruos as penoras de aqueles que vos las deuen et non / nos pararmos con aqueles que vos las deuen para os ajudar / nen defender para vos las mal parar. Et nos obispo deuemos a gardar et ben parar con Deus et con dereito os dereitos de vos o conçe/llo et de vosos vesinos en guisa que vos aiades ben parados / senpre o dereito da iglesia de Mondonedo. Et nos o conçello / et alcaldes et juiz prometemos en feito da tutoria con aquel que / uos o dito sennor obispo teuerdes et vos deuerdes teer en / tutoria de noso conçello con aquel que entenderdes que sera mais / seruiço de Deus et del rey et prol et garda da villa de Viueiro / et da terra da iglesia de Mendoedo. Et nos conçello et alcaldes et juiz deuemos amar et ajudar et seruir a uos o dito / sennor obispo et a vosa iglesia en aquelas cousas que foren ser/uiço de Deus et del rey noso sennor et uoso seruiço et / da vosa iglesia et prol et garda da villa de Viueiro. Et nos o bispo deuemos amar et aiudar et anparar a noso poder / a uos o conçello et alcaldes et juyz asi commo a nos perteesçe / de amar et ajudar et anparar et a uosos amigos et vasallos / et saluo senpre o dereito da iglesia de Mondonedo et todas estas cou/sas et cada hua delas se deuen teer et conplir et gardar ben / et verdadeiramente de cada hua das partes a boa fe et sen / suteleza de engano et por omenaie que ende faço en Pedro Fernandes / alcalde en meu nomme et do dito conçello et alcaldes et juiz en mao de Garçia Lopes de Lançoos a qual faço por min et por lo / conçello et alcaldes et juiz que ma mandan fazer et outorgan / que o cunplamos en todo segund que se es esta carta conten et demais faço juramento aos santos euangelios de Deus por min / corporalmente tangudos que o cunplamos asy et nos / don Gonçaluo obispo sobredito todo esto asi outorgamos / et prometemos a teer et conplir en todo et outrosi eu Garçia Lopes de Lançoos reçebo de uos Pedro Fernandes alcalde sobredito / a dita omenage et faço outrosi menajee en vosa mao por / lo dito sennor obispo que cunpla et tenna a uos o conçello et alcaldes / et juiz sobreditos todas estas cousas segund que aqui son scrip/tas. Et demais nos obispo et conçello et alcaldes poemos penna / de çinquenta mill mor. desta moneda que ora corre del rey don / Fernando entre nos que cunplamos et gardemos todas estas cou/sas sobreditas et cada hua delas et qualquer de nos as partes / que contra esto fose ou o asi non cumnplise que peite aa outra que o gardase et cunplise os ditos çinquenta mill mor. et esta carta fique firme / et se cunpla en todo segundo que se en ela conten. Et que seia çerto manda/mos ende fazer duas cartas por estes notarios en fondo escriptos / feitas en hun thenor seeladas con o seelo de uos o ditos sennor / obispo et con o seelo de nos o conçello hua que vos o dito sennor / bispo tenades et outra que nos o conçello et alcaldes et juyz te/namos. Feita en Viueiro vynte et quatro dias de setenbre / Era de mill et trezentos et çinquenta et septe annos (a. 1319). Testemoyas Garçia Lopez de Lançoos et Lopo Diaz das Ribeiras Fernan Lopes Basanta / Afonso Fernandes do Couto Afonso Martines de Gualdo Maçia Aluares Fer/nan Pernas don Vasquo Marques arcidiago de Montenegro Juan Yanes et Iohan Domingez coengos enna iglesia de Mondonnedo Martin Dominguez coengo de Leon Afonso Martines Serpe clerigo do bispo Pay de Loeira clerigo Juan Yanes Viçoso Afonso Domingez / Gremaos Afonso Yanes Garçia Fernandes et Domingo Peres notarios de Viueiro / Martin Martines da Rua Grande Afonso Peres de Çeruo Domingo Peres de / Çeruo Jacome Peres de Çeruo yrmaos vesinos et moradores / en Viueiro et outros. Et eu Juan Domingez notario del rey en Viueiro / puge y meu signal por mandado do dito sennor obispo et dos / alcaldes et juiz et dos homes boos que syan en conçello enna iglesia / de santa Maria. Et eu Martin Viçoso a esto presente fuy et puge y este / meu signal. Et eu Iohan Yanes notario do bispo en Vilamayor fuy presente a todo esto et puge meu signal. /
Don Sancho por la graça de Deus rey de Castella de Leon / de Toledo de Gallizia de Seuilla de Cordoua de Murçia de Jahen / del Algarbe al conceio de Viueiro soude et graçia. Bien sabedes / de commo yo tube por bien que Pedro Ruyz fose y meu alcalde quando / fuy a Galizia et que mande que fezisedes por el commo por min / mesmo et que non ouuesedes outro alcalde ninguno por ninguna mi carta / que vos contra esto mostrasen se non fose en ela meu nomme escripto / con minna mao. Et porque sobresto veo a min don Aluaro vuestro bispo et / me mostrou de commo Martin Peres et Afonso Peres de Çeruo et Fernan Boo/homme et Juan Martines de Lagoa et Iohan Gomes de Fornelos et Juan / Franquo foran a el de vosa parte et le pediron por vos que fose y e que lle / dariades os cobres de hommes boos de que fezesen alcaldes et / juyz asi commo cada anno por cada San Iohan auiades acostunbra/do de los dar segund paresçe por hun estromento que fesera et signara Fernan Yanes notario publico dese lugar et me pedio merçed que to/uiese yo por bien que vsasen el de fazer y alcaldes et juiz de los / honbres dese lugar qual vos diesedes para lo seer segundo que lo / avian vsado los obispos que en Mondonedo fueran ante del et el fasta / que yo pusiera y por alcalde a Pedro Rodrigues el sobredicho. Et porque el / infante don Iohan mi hermano et perlados et riquos honbres et / caualleros et otros que eran conmigo me rogaron que me prologiese toue/lo por bien que el obispo sobredicho pusiese y alcaldes et juez de / los honbres que le vos desedes para lo seer segundo que lo solia fazer / ante que yo pusiese y por alcalde a Pedro Rodriguez el sobredicho. Et / si despues desto quisierdes mostrar por priuilegios o por cartas o por vso o por otra razon qualquier que en otra guisa deue seer / que lo mostrasedes todo a Marchus Beneuent mi alcalde que yo / enbio a esta tierra para librar muchas cosas que son mi seruiçio a quien / mande que reçebiese todo el recabdo que sobresto mostrasedes / et que me lo enbiase escripto et seellado con su sello porque lo liura/se yo commo fallase por derecho. Porque vos mando que vista esta / mi carta le dedes los dichos cobres de que escoia et faga alcaldes / et juiz fasta el dia de San Iohan primero que viene et dende en a/delante cada anno segundo que lo el solia fazer. Et de aqui en adeante / non fagades ninguna cosa por Pedro Rodrigues asi commo por vuestro alcalde magier / vos muestre que lo fize yo alcalde nen sobrealcalde dese lugar. Et non / fagades ende al nin porque digades que mande yo que no feziesedes / al por ninguna mi carta se non fuese en ella mio nonbre escripto con mi ma/no senon a uos et quanto ouiesedes me tornaria por ello. La / carta leida dadgela. Dada en Çamora veynte dias de abril Era de mill et tresientos et treynta annos (a. 1292). Yo Agustin Peres la fiz / escriuir por mandado del rey. Gomes Yanes Martin Peres Fernand / Gonçalues. Este he o tralado da sobredita carta a qual eu Juan / Ramos notario publico jurado dado do bispo de Mondonedo enna çibdade de / Villamayor et en todas las villas (et villas sic) et lugares de seu o/bispado vy escrito en purgameo et firmado do nomme do dito sennor / rey et seelado de seu seello de çera con hun fio de sirgo pendente / de juso segundo que por ela paresçia et a qual con minna mao trasladey por / abtoridade de frey Afonso vigario de Mendonedo que me para ello deu / et mandou que fezese fe este dito traslado et valuese asi commo o / oreginal de que fora sacado et en este dito traslado puge meu / nome et signal en testemoyo de verdade que tal he que fuy feito en / Villamayor tres dias por andar do mes de ianeiro Era de mil et quatroçentos et vinte et dous annos (a. 1384). Testemoyas que foron presentes / don Afonso Gomes arçidiago de Montenegro et Johan Fernandes clerigo / et Iohan de Viade seus homes et Domingo Yanes notario et Ruy / Martines de Cauarcos et outros.
Enna iglesia de Santiago de Viueiro vynte et quatro dias do / mes de juyo Era de mill et quatroçentos et noue annos (a. 1371) / seendo enna dita iglesia de Viueiro con seus alcaldes Gonçaluo / Gallo Pedro Arteiro Iohan Afonso de Çeruo con seus jurados / Aluaro Paez Vasco Peres Afonso Yanes de Valcarria Afonso Peres / Sazido et Iohan Martines de Portochao en presença de min Iohan / Vidal notario publico del rey en Viueiro et das testemoyas adeante / escritas Gomes Peres home do honrrado padre et sennor / don Francisquo por la graça de Deus et da santa Iglesia de Ro/ma obispo de Mondonedo mostrou et feso leer aos ditos homes / boos et alcaldes et jurados hua carta do dito sennor obispo et fir/mada de seu nome et seelada de seu seelo ennas espaldas / da qual o thenor he este que se sigue:
Conçello et homes boos / da villa de Viueiro nos obispo de Mondonedo vos enbiamos noito / soudar fazemosuos a saber que nos queseramos yr alo para / esta festa de San Iohan et demandar os cobres segundo aue/mos de custume et non podemos alo yr por quanto somos / conbidado de Aluaro Peres de Osorio para seer seu conpadre pero / se nos queserdes os cobres fazer nos yremos ala despois / et en tanto enbiamos ala a Gomes Peres noso home que o pro/teste et vos teede por ben de lle dar aquela resposta que / entenderdes que he perteesçente. Et Deus vos de vida et / soude. Scripta en Villamayor dez et oyto dias de juyo / Era de mill et quatroçentos et noue annos (a. 1371). Franciscus Episcopus. / Et liuda o dito Gomes Peres en nome do dito sennor obispo frontou / et protestou contra os ditos homes boos et alcaldes et jurados / que teuesen et conplisen o dito custume et por quanto por la dita festa de San Iohan eran tiudos de dar cobres de alcaldes / ao dito sennor obispo en cada hun anno que teuesen por ben / de los dar para el tomar quaes queser segund era custume et / se o asi fazer et conplir qusesen que farian ben et dereito et con/plirian o dito custume et se o faser non quisesen que protestaua / que non fose perjudiço do dito sennor obispo et que por elo non perde/se o dito custume nen correse tenpo et protestaua de o auer et / cobrar o dito sennor obispo con as custas et interese et pedia testimoio para guarda do dito sennor obispo et del en sen nomme. Et os ditos alcaldes et jurados et homes boos diseron que vian et oyan a carta do dito sennor obispo et que eles non estauan a tenpo / de dar taes cobres nen los podian dar por quanto aqui estaua / en este lugar por alcalde del rey Fernand Peres d-Andrade que quan/do aqui era posto por el rey alcalde que eles non podian nen eran / acustumados de fazer alcaldes de foro nen de dar taes cobres / et por ende que os non podian dar mais quando aqui non ouuese / alcalde del rey et eles ouuesen de fazer alcaldes de foro que eles / guardarian o dito custume ao dito sennor obispo et que lle darian os / ditos cobres et que lle ficase sobre elo a saluo todo seu dereito / en outra maneira que non eran teudos a dar os ditos cobres. / Et o dito Gomes Peres diso et protestou en todo commo de suso et / pedia testimoio (et pedia testimonio sic). Testemoyas Martin Yanes / de Valle et Gonçaluo Peres et Pedro Fernandes notarios et Affonso Fernandes / Sazido Diego Peres de Canba Gonçaluo Peres et Iohan de / Ben mercadores Domingo Peres de Lago et outros. Et eu Iohan vidal notario publico sobredito del rey en Viueiro que a esto pre/sente fuy et en minna presença este testimonio fiz escriuir / a pedimento do dito Gomes Peres et puge aqui meu signal que tal he / en testimonio de uerdade. Este he o traslado do dito testimoio / o qual era feito enno tenor sobredito et escrito en papel et signado / do signal do dito Iohan Vidal notario segundo por el paresçia / et o qual eu Diego Fernandes notario publico del rey en Galliza / vy et ley et aqui ben et verdadeiramente de uerbo a uerbo / por mandado et abtoridade de frey Afonso vigario de Mondonedo / et a petiçon do dito sennor obispo con minna mao propia trasladey / et en el puge meu nomme et signal que tal he en testimoio de verdade rogado et rquerido. Feito este dito traslado enna çibdade de Vila/mayor vynte et septe dias de ianeiro Era de mill et quatroçentos et vynte et dous annos (a. 1384). Testimoios que foron a elo presentes Fernand Fernandes / raçoeiro de Mondonedo Lopo home do dito vigario Afonso Fernandes et Juan / Afonso moradores en San Giao de Cabarquos Lopo Yanes morador / en Valboa et outros.
Et liudas estas ditas cartas asi presentadas/ por parte do dito sennor obispo o dito sennor obispo diso aos ditos / homes boos et jurados da dita villa que a el que lle fezeran entender / que eles que querian faser alcaldes de foro enna dita villa et por quanto / a dita sua iglesia et os perlados que della foran estauan en possison uel / quasi asi por razon das ditas carta por el presentadas commo por / vso et custume et por outras moitas razoes que quando o dito conçello / ouuese de fazer alcaldes que avian en dia de San Iohan Baptista a / presentar çertos cobros de hommes ao bispo de Mondonedo que fose / aa sazon para que el tomase dous homes dos ditos cobros que lle asi pre/sentasen et os nomease et declarase por alcalde da dita villa et / por quanto lle fezeran entender ao dito sennor obispo que eles agora / querian fazer alcaldes de foro por ende que lles frontaua et requeria / en nome de sy et da dita sua iglesia que lle desen et apresentasen os ditos / cobros de homes segund que era et fora de custume et segundo que se con/tinna ennas ditas cartas et escrituras por el presentadas et se los / asi desen que el que era prestes para nomear et poer dous deles por al/caldes enna dita villa quaes el entendese que eran mais perteesçentes / para gardar dereito et seruiço de seu sennor el rey et proueito et honrra / do dito conçello et non no querendo eles asi fazer que non consentia / en alcaldes ningunos que eles de outro maneira fesesen et que se algua / sentença ou mandamento desen os taes alcaldes que elles asi pose/sen que non ualuesen nen pasasen prejudiço alguo porque non auian / jurdiçon. Et diso que presentaua et presentou que o dereito seu et da dita / sua iglesia ficase senpre a saluo et que eles et qualquer deles enco/rresen ennas pennas contiudas enna carta da conpostura que era entre / eles et a dita sua iglesia et seus anteçessores et ennas pennas dos / priuilegios dos reis que foran dados sobresta razon aa dita sua / iglesia et a todo o ynterese que le sobre elo recresçese et eso mesmo que / protestaua et protestou de proçeder contra os alcaldes que os homes / boos do dito conçello possesen e contra eles mesmos por çensura / eclesiastica. Et logo os homes boos et jurados que se disen do dito / conçello pediron traslado das ditas cartas et pedimento que o dito sennor / obispo fazia et que para lues seguinte responderian aas ditas / cartas et ao dito seu pedimento. Et o dito sennor obispo disso / que lle plazia non se partindo do dito seu requerimento ante / que lles requeria que para o dito dia lues lle desen os ditos cobros / et que a saluo lle ficase o seu dereito. Et os homes boos do dito con/çello diseron que a saluo lles ficase sobrelo seu dereito caso que los / desen ou non. Testemoyas que foron presentes Garçia Peres Viçoso Afonso Peres / da Marina notarios Lopo Diaz de Luazes Gonçaluo Nunnes alcalde do bispo Payo Rodrigues sobrino do dito bispo Aras Gonçales escudeiro do dito sennor obispo.
Et despois desto anno sobredito enno dito / dia lues que era veynte et seis dias do dito mes de juyo / et en presença de min o dito Fernand Gonçales de Caruallido notario et / das testemoyas a juso escriptas estando dentro enna iglesia do moesteiro / de San Françisco da dita villa de Viueiro presente o dito sennor / obispo et a mayor parte dos homes boos et jurados do dito conçello / o dito sennor obispo requireu et frontou aos ditos homes boos / et jurados do dito conçello que estauan presentes que lle desen os / cobres segundo que deuian para el tomar et nonbrar deles dous / homes quaes el vise que eran mais perteesçentes para que fosen alcaldes / este anno enna dita villa de Viueiro enno qual farian ben et dereito et / aquelo que eran tiudos et obligados de faser se non que protestaua / commo desuso. Et os ditos homes boos et jurados do dito conçello diseron que pedian plazo et termino ao dito sennor obispo para oje este / dia a ora de Vesperas et traslado do dito requerimento et fronta que o / dito sennor obispo fazia et averia seu acordo et estonçe que enbiarian / a el dous homes boos do dito conçello ou mais os quaes le darian / sua resposta do que os ditos homes boos et jurados sobrelo / querian fazer. Et o dito sennor obispo diso que le plazia protestando / todo commo desuso et que pedia a min notario presente testemonio publico / vn ou mais aquelles que le conplisen para garda de seu dereito / et da dita sus iglesia. Tetemoyas que foron presentes Fernan Marques / Pedro Viçoso notarios Gonçaluo Yanes de Cora Pedro Fernandes Babeca / Gomes Fernandes de Çeruo Aras Gonçalues contador do bispo Payo / Rodrigues seu sobrino Lopo Dias de Luazes et outros.
Et / despois desto quarta feira vynte et oyto dias do dito mes / et anno sobredito en presença de min o dito Fernand Gonçalues / de Caruallido notario sobredito et das testemoyas de juso escriptas enna / iglesia de santa Maria da dita villa de Viueiro seendo ajun/tados os omes boos Fernan Yanes Viçoso et Lopo Gallo / Johan Yanes de Çeruo Gomes Gonçalues Pedro Fernandes Sazido / et Iohan Fernandes Sazido Gonçaluo de Cora Pedro Viçoso et Juan / Arteiro et outros homes boos et Iohan Afonso de Veiga et Lopo de Ydral alfayate et Iohan Yanes alfolineiro et / Fernan Marques procuradores que se dizian da hua partida da co/munidade et Afonso Marinno Afonso Abade et Ruy Reçado et Iohan Rodrigues de Muros jurados da dita villa de Viueiro o dito sennor obispo seendo y presente con elles enna dita iglesia et juntamento / diso aos ditos homes boos et jurados da dita villa et procuradores que se dizian da dita comunidade que les frontaua et frontou / et requireu que lle desen et presentasen os ditos cobres segund que os / avia requerido de que el fizese alcaldes segundo que deuian et eran / teudos por la dita auenença et conpostura que entre o dito conçello / et o bispo de Mondonedo estaua feita et segundo que fora et era / vso et custume se non que protestaua contra os ditos homes boos et ju/rados da dita villa et conçello et procuradores da dita comunidade / ou contra aquel ou aqueles que os ditos cobres lle non quesesen dar ou / turbasen de lle seer dados segundo que todo ja de suso auia protesta/do et que a saluo lle ficase seu dereito et aa dita sua iglesia de Mondo/nedo en todo et pedeu a min notario que llo dese asi por testimoio / signado con a obra et resposta que os ditos homes boos et jurados et procuradores sobre elo desen ou fezesen hun ou dous ou tres ou / os mais que lle conplisen para sua garda et de seu dereito et da dita sua iglesia / de Mondonedo. Et logo os dito homes boos Fernan Yanes Viçoso et / Lopo Gallo et Juan Yanes et Çeruo et Gomes Gonçalues de Cora et Pedro Lopes / Viçoso Gonçaluo Yanes de Cora Juan Fernandes Sazido Pedro Fernandes / Saçido et Andreu Peres Afonso da Marina notario Pedro Viçoso et Afonso Yanes Viço/so \ et Juan Viçoso / fillos de Fernan Yanes Viçoso et Diego Fernandes de Valladolid et / Fernan de Çeruo et Lopo Gallo o nouo et Garçia Peres notario Afonso Calaça Juan / de Vale alfayate Afonso Peres da Lama Fernan Rodrigues Sazido notario / Afonso Peres Moyo Pedro de Veiga diseron et responderon ao dito sennor / obispo por sy mesmos et por todos seus parentes et vozes et linagee / et bando que con eles quesesen seer que estauan prestes en nomme do dito / conçello de gardar a dita abenença que o dito conçello et seus auoos / et anteçessores feseran et ordenaran con o sennor obispo et iglesia de / Mondonedo et que estauan prestes et plazenteiros de lle dar et declarar cobros / de que el fezese alcaldes segundo se conten enna dita avinença et conpostura / et segund que fora et era vso et custume dos outros bispos que foran enna / dita iglesia de Mondonedo et sobresto que auerian seu acordo para lle dar / et declarar os hommes que lle asi darian pòr cobres de que fezese os / ditos alcaldes. Et logo o dito Ruy Preçado et Afonso Abade et Juan Rodrigues / de Muros jurados do dito conçello diseron que eles non turbauan / nen era su enteçon de turbar por sy nen por outros ao dito sennor / obispo et iglesia de Mondonnedo a dita sua jurdiçon sea el y auia. Et logo Johan de Vares vesino da dita villa diso que a jurdiçon que o dito / sennor obispo auia en lle dar os ditos cobres et ouueran seus ante/çessores que foran obispos de Mondonnedo en esta villa de Viueiro que a non / enbargaua nen turbaua nen entendia de a turbar quando et cada / que o dito conçello en vn acordo fezesen alcaldes de foro. Juan de Vares. Et logo Pedro Furtado vezino da dita villa diso que a jurdiçon / que perteesçia ao dito sennor obispo en razon dos ditos cobres de al/caldes que a non turbaua se a y auia et que quando o dito conçello en / hun acordo fesesen alcaldes de foro enna dita villa que el que non / enbargaria os ditos cobres et esto daua por resposta et que ne/gaua todo o al que lle podia fazer por jurdiçion. Pedro Furtado. Et logo os ditos Frnand Marques notario et Lopo do Ydral alfayate et Pedro Gatos / forneiro et Iohan Afonso de Veiga procuradores que se disian da hua parte / da comunidade et Gomez Fernandes de Çeruo et Pedro Fernandes Babeca Afonso / Yanes Ferça Afonso Marino diseron que les desen o traslado de todas las / cartas que o dito sennor obispo presentara por min o dito notario et de todos los / requerimentos et frontas que el fesera et que averia sobre todo seu / acordo et darian asi todo por testimoyo. Testemoyas que foron presentes Gonçaluo Mendez / de Ribadeu bachiller Gonçaluo Nunnez alcalde mayor do bispado de / Mondonnedo Payo Rodrigues d-Ourantes sobrino do bispo Juan Basanta de / Adelan Pedro Fernandes do Rio capelan de Santiago de Viueiro Juan Rodriguez bigario / capelan da iglesia de Santa Maria Gonçaluo Preçado Afonso Yanes de Sagade / notarios Gomes Fernandes de Çeruo Rodrigo Afonso de Grallal Pedro Aras fillo / de Pedro Marino notario vesinos da dita villa et outros.
Et depois desto dia / esta feira vynte et hun dias do mes de jullio anno sobredito os ditos / Afonso Marino et Fernand Marques et Lopo Afonso de Ydral alfayate et / Afonso Paleu et Fernand Rodrigues alfayate et Iohan Yanes alfolineiro / deron por min o dito notario esta resposta que se sigue: Notario respon/dendo eu Afonso Marino por min et en nomme dos que conmigo queseren seer / et por voz do dito conçello et nos Iohan Afonso de Veiga et Fernand / Marques notario et Lopo Afonso do Ydral et Affonso Paleu et Fernand / Rodrigues alfayate et Juan Yanes alfolineiro procuradores dos / vesinos et moradores et prouadores desta villa de Viueiro et seus / terminos et jurdiçoes et aas escrituras pressentadas per lo dito sennor obispo eso mesmo ao pedimento que el por elas fazia a eles / et ao dito conçello dizemos que esta dita villa et termino dela non es/tauan nin eran proueudos de justiça nin lo podian seer proueudos dela / por los aldaldes que fosen postos por lo dito conçello porque quado et / cada que elles eran alcaldes que se fazian moytos males et mortes et / roubos et forças inpojoes aos vesinos desta villa et seus terminos / et que se non fasia en ela conplimento de direito nin de justiça por eles / nin se pagauan os mor. que eran deuidos ao dito sennor rey por las / quaes cousas nos non entendemos consentir que se façan alcaldes de / foro mais que entedemos todo de o enbiar dizer et notificar / por nosa petiçon et procuradores ao dito sennor rey para que nos / prouea et remedie de justiça et enbiase aqui seu alcalde que manteue/se esta dita sua villa et termino dela en paz et en justiça et en aso/sego et en seruiço do dito sennor rey et asi pois que nos non enten/diamos de poer alcaldes de foro que o dito sennor obispo non auia nen / ha contra nos demandas nen abçon et se alcaldes de foro se po/sesen enna dita villa et se o dito sennor obispo ouuese en ello jurdiçon /ou dereito alguo que nos gardamos seruiço do dito sennor rey que llo non / entendiamos perturbar nin enbargar. Et esto lle dimos en res/posta negando todo o al que a nos et ao dito conçello perjudiçio fa/zia et pedimos outro tal testimonio. Fernan Marques. Testemoyas que foron / presentes Gomes Fernandes de Çeruo Pedro Fernandes Babeca Gomes da Galdo Afonso / Leal Lopo Çerna Iohan de Vale alfayate Pedro de Santaalla Juan Fernandes / Sazido et outros.
Et despois desto enno moesteiro de San Domingo de / Viueiro dia joues dez et seis dias do mes de nouenbro anno do nasçemento / de noso Sennor Saluador Jesucristo de mill et quatroçentos et dez et / noue annos este dito dia estando enno refertoyro do dito moesteiro / Ruy Preçado et Afonso Marino Afonso Abade Iohan Rodrigues de Muros jurados / (jurados sic) da dita villa et con seus homes boos Fernan Yanes Viçoso / Lopo Gallo Johan Yanes de Çeruo Gomez Gonçalues de Cora Gonçaluo Yanes / de Cora seu fillo Iohan Viçoso Pedro Viçoso Afonso Yanes Viçoso fillos / do dito Fernan Yanes Viçoso Pedro Lopes Viçoso Juan Fernandes Sazido Pedro / Furtado Fernand de Çeruo Gomes Fernandes de Çeruo Fernan Gonçalues / de Cora et outros Lopo Çerna et Afonso Paleu procuradores que se disen da / dita comunidade da dita villa en presença de min o dito Fernan Gon/çaluez de Caruallido escriuano et notario sobredito de noso sennor el rey / et das testemoyas adeante escriptas aparesçeu ende personalmente o muy/to honrrado en Jesucristo padre et sennor don Gil por la graça de Deus / et da santa Iglesia de Roma obispo de Mondonnedo et diso aos ditos homes / boos que presentes estauan que a el era dito et feito entender que os ditos / moradores et prouadores et iurados et regidores et vesinos da / dita villa asi os presentes commo os absentes se querian entrometer / de feito non podendo nen deuendo de dereito de poeren et fazeren al/caldes de foro enna dita villa de Viueiro sen requerir sobrelo ao dito / sennor obispo et sua iglesia sabendo eles ben et seendo publico / et çerto et notorio que os ditos homes boos et conçello da dita vi/lla de Vivueiro auian ante de dar et presentar çertos cobres de homes / ao dito sennor obispo por nomme de sua iglesia para que el senalase et / escollese dous deles quaes fosen mais perteesçentes para o dito o/fiçio de alcaldia que gardasen seruiço de noso sennor el rey et hon/rra de dito sennor obispo et da sua iglesia et defenson et proueito comun / do dito conçello segund que ja sobresto por lo dito sennor obispo foran re/queridos por vertude de çertas cartas et preuilegios de noso sennor el / rey et espeçialmente por vertude de hua carta de conpostura que / sobresta razon pasara entre o dito conçello da dita villa de Viueiro / a qual dita carta fora presentada publicada et notificada ao dito / conçello por min o dito notario. Agora o dito sennor obispo diso que non se partindo dos requerimentos ao dito conçello por el sobresta / razon feitos ante afirmandose en eles et auendoos aqui por / ditos et repitidos que rogaua et frontaua et requeria enna mellor maneira et forma que podia et deuia con dereito aos ditos homes boos / do dito conçello que presentes estauan et aos absentes en persona dos presentes que fezesen os ditos alcaldes dandolle et presentandolle ante / os ditos cobres para quue os el escollese et senalase segund dito he et segundo o / thenor do dito trabto et conpostura gardada et aprobada entre o dito conçello / da dita villa de Viueiro et o dito sennor obispo et sua iglesia que a el ben lle plasia / que fosen feitos os ditos alcaldes enna maneira que dita he. Et fazendo eles / et cada huns deles esto asi diso que farian ben et dereito et o que deuian et eran / tiudos faser en outra maneira diso o dito sennor obispo que non consentia nen avia por alcaldes os que eles asi fezesen sen le daren et presentaren / os ditos cobres para que os el escollesese et signalase segundo dito he et que / protestaua que se o de outra guisa fezesen que fose de feito commo aquelles que / vsurpauan a verdadeira jurdiçon et vsuan de foro alleo et sentençias / que os ditos alcaldes desen et mandamentos et juizos anteles feitos fo/sen en sy ningunos protestando expresamente que lle non parase nen podese / parar perjudiçio a el nen aa dita sua iglesia et de demandar ao dito con/çello a injuria et estimaçoes contra eles por el feitas et as pennas / contiudas enna dita carta de conpostura para o qual diso que protestaua que lle / non correse nen pasase seu tenpo et que pedia testimoiyo vn dous ou ma/is os que lle conplise et fezesen mester para garda de seu dereito et da dita / sua iglesia de Mondonedo. Et logo os ditos Ruy Preçado et Afonso Abade et Juan Rodrigues de Muros et Afonso Marino jurados et Fernan Yanes / Viçoso Lopo Gallo et Johan Yanes de Çeruo Gomes Gonçalues de Cora et Gon/çaluo de Cora seu fillo et Iohan Viçoso et Pedro Viçoso et Afonso Yanes / Viçoso fillos do dito Fernan Yanes Viçoso et Pedro Lopes Viçoso et Fernan / de Çeruo et Pedro Fernandes de Valladolid diseron o que dito auian et Lopo Çerna et Afonso Paleu diseron o que dito auian negando todo o al que a eles fazia perjudi/çio. Testemoyas Afonso da Marina Afonso Yanes de Sagade notarios Gomes da Galdo Fernan / Martines Iohan de Roças Fernan de Deus alfayate Afonso Pellaes Fillo de Johan Viçoso et outros.
Et despois desto en outro dia esta feira seguinte dez et septe dias / do dito mes de nouenbro anno sobredito seendo ajuntados os / homes boos enna iglesia de Santiago do dito lugar de Viueiro Lopo Gallo / et Fernan Yanes Viçoso et Juan Yanes de Çeruo Gomes Gonçalues / de Cora Gonçaluo Yanes de Cora seu fillo Gomes Fernandes de / Çeruo Afonso Eanes Viçoso Juan Viçoso Pedro Viçoso fillos do dito / Fernan Yanes Viçoso Pedro Lopes Viçoso Juan Fernandes Sazido Pedro Furtado / et con seus jurados Ruy Preçado et Johan Rodrigues de Muros et Alonso / Abade et Afonso Martino et outra muy grande parte dos vesinos et mora/dores da dita villa et seendo en conçello apregoado segund / que o an de vso et de custume et en presença de min o dito Fernand Gonçalues / de Caruallido escriuano et notario publico sobredito paresçeu ende / o dito sennor obispo et diso que afirmandose todavia en seus reque/rimentos et protestaçoes por el feitos et requeridos et protestados contra / o dito conçello que por quanto lle dizian que de feito o dito conçello se / queria et entendia todavia entrometer de fazer os ditos alcaldes / sen o requerir primeiramente con os ditos cobres segundo deuian et eran / tiudos enna maneira que dito auia que el aynda por mayor abundamento / os frontaua et requeria outra vez que se quesesen fazer os ditos / alcaldes que lle desen primeiramente os ditos cobres que el estaua prestes / para os resçeber et para signalar et escoller os ditos alcaldes segundo / dito avia se non en outra maneira que protestaua commo de suso protesta/do auia et de lles demandar a penna da dita conpostura et a jnju/ria et dapno que por esta razon el et sua iglesia resçebesen et que / protestaua que lle non correse nen pasase para elo seu tenpo protestando / expresamente de proçecer contra o dito conçello et contra os vesinos / et moradores da dita villa de Viueiro as pennas d-escomoyon et de enter/dito por toda çensura eclesiastica quando vise et entedese que lle / conplia et fose nesçesario et que pedia testimonio segundo de suso / pedido avia. Et os sobreditos diseron o que dito avian negando / todo o al que a eles fasia perjudiçio. Tetemoyas Afonso da Marina notario Ruy Fernandes / Sazido Afonso Lagosta Pedro Fernandes Babeca Gomes de Galdo Fernan Peres / fillo de Afonso de Vale notario et outros. Vay escrito entre reglones / onde diz “Juan Viçoso” non enpesca que asi ha de dizer.
Et eu Fernan Gonçalues de Caruallido escriuano et / notario sobredito de nosso sennor el rey a esto / que dito he presente foy con as ditas testemoyas et en / minna presença esta escriptura fise escriuir et vay / escripto en dez follas et media de purgameo de / coiro et coseyto con fio branco et en cada folla / meu nomme con esta en que fise este meu signo em testemoyo de verdade. (Signo). Fernan Gonçalues (Rúbrica).


Materias

home bo; pergameo; privilexio; traslado; vasalo; violencia; xurisdición; Cobrado

Persoas

Afonso Eáns Aferza , xurado de Viveiro; Xoán Arteiro, home bo de Viveiro; Afonso Mariño, xurado de Viveiro; Pedro Furtado, xurado de Viveiro; Xoán Martínez de Portochao, xurado de Viveiro; Afonso Abade, xurado de Viveiro; Afonso Calaza, xurado de Viveiro; Afonso Eáns de Valcarria, xurado de Viveiro; Afonso Eáns Vizoso, xurado de Viveiro; Afonso Fernández Sacido, mercador; Afonso Fernández, vigairo de Mondoñedo; Afonso Gómez, arcediago de Montenegro; Afonso Mariño, xurado de Viveiro; Afonso Martínez Serpe, crego do bispo; Afonso Paleo, procurador; Afonso Pérez da Marina, notario; Afonso Pérez Sacido, xurado de Viveiro; Agustín Pérez, notario; Álvaro Gómez, bispo de Mondoñedo; Álvaro Páez, xurado de Viveiro; Álvaro Pérez de Osorio; Aras González, escudeiro; bispo de Mondoñedo; Diego Fernández de Valladolid, home bo de Viveiro; Diego Pérez de Camba, mercador; Domingo Eáns, notario; Domingos Pérez, notario; Fernán Eáns, xuíz de Viveiro; Fernán Márquez, procurador; Fernando de Cervo, xurado de Viveiro; Fernando Fernández, racioneiro de Mondoñedo; Fernando González de Carballido, notario público; Fernando González de Carvallido, notario; Fernando Márquez, procurador; Fernando Pérez de Andrade; García Fernández, notario; García López de Lazós; García Pérez Vizoso, notario; Gómez Fernández de Cervo, xurado de Viveiro; Gómez González de Cora, xurado de Viveiro; Gómez Pérez, home do bispo de Mondoñedo don Francisco; Gonzalo; Gonzalo Eáns de Cora, xurado de Viveiro; Gonzalo Gallo, alcalde de Viveiro; Gonzalo Núñez, alcalde; Gonzalo Núñez, alcalde maior; Gonzalo Pérez de Ribadeo, bacharel; Gonzalo Pérez, mercador; Gonzalo Pérez, notario; Juan, infante, hermano de Sancho IV; Lopo Afonso do Idral, procurador, alfaiate; Lopo Díaz de Luaces; Lopo Gallo o Novo, xurado de Viveiro; Lopo Gallo, xurado de Viveiro; Lopo, home de Afonso Fernández; Martín Domínguez, cóengo de León; Martín Eáns de Valle, notario; Martín Vizoso, notario; Paio de Lobeira, crego; Paio Rodríguez, sobriño do bispo de Mondoñedo; Pedro Arteiro, alcalde de Viveiro; Pedro Fernández Babeca, xurado de Viveiro; Pedro Fernández, alcalde de Viveiro; Pedro Fernández, notario; Pedro Gatos, forneiro, procurador; Pedro López Vizoso, xurado de Viveiro; Pedro Vizoso, xurado de Viveiro; preitohomenaxe; Roi Martínez de Cavarcos; Roi Rezado, xurado de Viveiro; Roi Rezado, xurado de Viveiro; Santiago de Vivieiro, igrexa; traslado; Vasco Márquez, arcediago de Montenegro; Vasco Pérez, xurado de Viveiro; Viveiro, mosterio de San Francisco; Xoán Afonso da Veiga, procurador; Xoán Afonso de Cervo, alcalde de Viveiro; Xoán Afonso de Veiga, procurador; Xoán de Bares; Xoán de ben, mercador; Xoán de Viade, home de Afonso Gómez; Xoán Domínguez, cóengo de Mondoñedo; Xoán Domínguez, notario; Xoán Eáns de Cervo, xurado de Viveiro; Xoán Eáns, alfolineiro; Xoán Fernández Sacido, xurado de Viveiro; Xoán Fernández, alcalde de Viveiro; Xoán Fernández, crego, home de Afonso Gómez; Xoán Ramos, notario público; Xoán Rodríguez de Muros, xurado de Viveiro; Xoán Rodríguez de Muros, xurado de Viveiro; Xoán Vidal, notario; Xoán Vidal, notario público; Xoán Vizoso, xurado de Viveiro; Xuán Eáns, cóengo de Mondoñedo; Fernando Eáns Vizoso, xurado de Viveiro

Outros

Mondoñedo, igrexa; Santa María de Viveiro, igrexa; Viveiro, concello

Lugares

Montenegro, arcediagado; Valboa; Valboa, Santa María Madanela; Viveiro; Viveiro, San Domingos, convento; Viveiro, San Francisco, convento; Viveiro, Santa María; Viveiro, Santiago; Zamora