GMH/ÍNDICE A-Z

H7
1435, decembro, 6
Xoán de Ortega, mestrescola e procurador do bispo, afora a cinco voces ao zapateiro Pedro Iáñez un anaco de herdade e monte sito en Ceboliño, pertencente ao casal de Balteiro, coa condición de poñer viña no monte nun prazo de oito anos, por sétima. (fols. 3v-4)

Feita e dada, notada enno libro manual. Carta de Pero Yanes çapateiro. Pagou IIII brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense por poder que del ajo segundo que esta por este notario por quen esta carta he feita, dou et outorgo aforo a vos Pero Yanes çapateiro que sondes presente et a vosa moller Costança, filla de Joan lavrador morador enna aldea de Lamella et a çinqo voses apus voso finamento asy que vos en vosa vyda ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz etç., conben a saber que vos aforo hun pedaço derdade et monte que he do dito señor obispo et jaz en termino da aldea de Çebolyno e perteesçe ao casar de Balteiro que he do dito señor obispo (o qual vos aforo por tal condichon que plantedes de viña)* ao qual dito monte e herda de parte de huna das partes con viña de Tareija Yanes et da outra parte con viñas de Gonçalvo Lourenço et en çima con viñas do dito Gonçalvo Lourenço et enbaixo con herdade do cabiidoo, segundo que esta demarqado sobre sy (o qual vos aforo con)* et das ylargas parte de rigeiro a rigeiro, o qual vos aforo por tal condiçon que poñades a dita herdade e monte de viña, aquela que for para poer en estes oyto annos primeiros sigentes, et labredes e labredes e paredes ben, et façades foro de setyma ao dito señor obispo e a seus suçesores de todo o viño e con-posta que deus en ela der, et daredes a conposta enna viña e o viño branco no lagar, a qual novidade colleredes (fol. 3v)
por mayordomo do dito señor obispo ao que proveeredes de comer etç., do al de disemo a deus etç. et que tire os castiñeiros da dita herdade, et se quiserdes vender, deytar ou supyn(or)ar etç. et se quiserdes vender, et non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna salvo a mesa obispal etç. et seredes va(sa)llos serbentes et obedientes ao dito señor obispo vos e as ditas vosas voses et non vos chamaredes ao dito señorio etç., et se pleyto ou contenda recreçer ontre vos et o dito señor obispo que sejan tomados dous omes boons do cabido da iglesia d’Ourense etç. et obrigo os beens da mesa obispal do dito señor obispo etç. Et eu o dito Pero Yanes obrigo meus beens etç. Penna dosentos.- etç. Tests. Afonso do Cabo vesiño d’Ourense, Joan da Ruça et Diego, criados do dito mestre escola. Feita seys dias de desenbro.