GMH/ÍNDICE A-Z

D137
1459, abril, 30

Xil Fernández, racioneiro, e Gonzalo Vázquez, ferrador, como fiador seu, obríganse a manter preito co tesoureiro, Rodrigo Díaz, sobre unha mula e dúas acémilas que este tomara ao chantre e lle foran logo embargadas polo alcalde. (fols. 42v-43)

Pero de Miranda alcallde.

En este día e por estes tests. o dito Gil Fernandes raçoeiro como devedor prinçipal et Gonçalvo Vasques ferrador como seu fiador, anbos de man comuun se obrigaron que por rason que Pero de Miranda alcallde represara, tina en sy represado huna mulla et huna azemella et mays outra azemella de que tina recado e dado fiadores (p)* as quaes duas azemellas et a dita mulla o dito acallde avya tomamado et enbargado a Rodrigo Dias tesoureiro desta iglesia por quanto o as o dito Rodrigo Dias avya tomado por força et contra dereito Alvaro Gomes chantre desta iglesia d’Ourense, et agora entregava a dita mulla et huna azemella ao dito Gil Carneiro, por ende o dito Gil Carneiro como devedor et /o dito\ Gonçalvo Vasques como seu fiador, ambos de man comuun se obrigaron que querendo o dito Rodrigo Dias demandar as ditas azemellas et mulla por justiça que elles quisesen o dito pleyto con (fol. 42v)
el por justiça et de estar sobre elo ao juiso et pagar o julgado de todo aquello que fose determinado por justiça et de quitar a pas et a salvo das ditas mulla et azemellas ao dito alcallde et ao conçello desta çidade etç., para o qual obrigaron sy e seus bens, deron poder a qual quer justiça etç. Tests. os sobre ditos.