GMH/ÍNDICE A-Z

D152
1459, maio, 4
Sentenza pola que Pedro, esqueireiro, como procurador do seu compañeiro Afonso, esqueireiro, deberá pagar 120 pares de brancas a Afonso Pérez, zapateiro, que o dito Afonso lle debía. (fol. 45v)

Pero e Afonso seu conpaneiro.

En este día et que eran quatro dias de mayo, os ditos alcalldes mandaron por sentença a Pero esqeireyro, como procurador et en nomme de seu conpaneiro Afonso esqeireiro, que a IX dias pagase Afonso Peres çapateiro CXX.- de brancas que confesou que lle devia o dito Afonso con as costas. Tests. Ares de Prado, Gomes de Ribadiso, Joan de Caldellas, Lopo de Bueyros.