GMH/ÍNDICE A-Z

353
1337, maio, 28. Lugo
Arias Pais, tesoureiro, e Fernando Domínguez afóranlles a Afonso Fernández e á súa muller e a unha voz unha casa e un celeiro coa súa cortiña por renda anual á igrexa de Santa María de Valonga da cuarta dos novos e 12 soldos por foro.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 26v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo, et prestameyro da iglesia de Santa Maria de Valonga, et Fernan Dominguez, prellado desa iglesia, con otorgamento de don Fernan Aras, dayam de Lugo, et cabidoo da iglesia de Lugo, damos avervo et aforamos a vos, Affonso Fernandez de Picato et a vosa muller Sancha Domingues, et a huna pesoa semellavele de vos qual o postrimeyro de vos nomear a tenpo do seu finamento, huna casa et hun çeleyro con sua cortina et con sua ayra asi commo esta sarrada, que fere de testa no camino que vay do Outeyro para iglesia et para a castineira, et esta cabo a cortinna que ten Diego Rodrigues. A qual casa et çelleyro et cortina et ayra vos avervamos a tal raçon que a lavredes et paredes ben et dedes cada anno, a a dita iglesia de Sancta Maria de Valonga, a quarta dos novos que Deus der na dita cortina, et dedes cada anno por foro en reconoçemento po-la dita casa et çelleyro doze soldos desta moneda del rey don Afonso que ora corre, que façen quatro dineiros por cada tres soldos, et pagarde-los por Natal. Et a vosa morte et d’aquella pesoa que vos nomeardes deve aficar a dita casa et çeleyro et cortina et ayra livre et quita da iglesia de Valonga con todos los boos paramentos que y foren feytos et con a dita casa et çelleyro feytos. Et este vervo et foro non avedes a vender nen supinorar a nehun home poderoso.

Et eu Affonso peres de Pumeda, que estou presente, asi reçebo de vos, o dito thesoreyro et Fernan Domingues, en nome dos sobreditos Afonso Fernandez et Sancha Domingues et pesoa sobredita, o vervo et foro das ditas casa et çelleyro et cortina et ayra, obligo min et todos meus bees para pagar cada anno os ditos dineiros et conprir todo esto que dito he. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes con outorgamento do dito dayam et do cabidoo sobreditos rogamos a Roy Fernandez, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta et posese en ella seu signal. Et por maior firmidue eu o dito thesoreyro seeleya de meu seelo pendente.

Feyta XXVIIIº dias de mayo, era de mill et CCC LXXta et çinquo annos.

Testemoyas: don Alvar Diaz, archidiago de Sarria; don Pedro Royz, archidiago de Deçon; Vaasco Diaz, coengo de Lugo; Affonso Eanes et Rodrigo Eanes, clerigos do coro de Lugo; Iacome Eanes et Iohan Eanes da Cruz. Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.