GMH/ÍNDICE A-Z

881
1389, agosto, 4. Lugo
O Cabido de Lugo reduce a renda que Xoán Fernández paga pola casa da Porta de San Pedro e fíxaa agora en cinco marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 93r.

Anno do naçemento de noso Salvador Ihesu Christo de mill et CCCº LXXXIXe annos, quatro dias d’agosto.

Commo nos Johan Afonso, dayan de Lugo, et as outras pesoas et coengos dese cabidoo desa iglesia estando juntados en cabidoo por campaa tanguda enno coro desa iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, aforamos a vos Johan Ferrnandes, criado de don Gonçalvo Eanes, chantres de Lugo, et a vosa muller, Moor Ferrnandes, por vosa vida d’anbos et de huna pesoa qual nomear o pustrimeyro de vos, huna casa que he dos aniversarios desta iglesia que esta en esta çiudade de Lugo a a Porta de Sant Pedro, a par d’outra casa de Ares Ferrnandes, ferreyro, et d’outra parte d’outra casa de Afonso Blanco, que he sub signo da capela de Santiago de Lugo, a qual vos tinades en foro deste cabidoo por X moravedis en cada hun anno, et agora por quanto nos foy mostrado que feserades enna dita casa grant custo enno adubeyro dela et reçebiades dela grant enganno en dar tamanno foro, por ende nos de liçençia et outorgamento de don Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea, rendeyro que ora he dos aniversarios desta iglesia, que he presente et outorgante, releyxamos-vos o dito foro et tornamosvos-lo que pagedes por el en cada hun ano vos et a dita pesoa que para esto for nomeada Vº moravedis, de VIIIº soldos cada moravedi, et que os pagedes cada anno en salvo por Natal a o que tever os ditos aniversarios; et avedes a teer a dita casa feyta et en boo paramento; et o outro primeyro foro que dela tinades feyto mandamos que non valla se pareçer, et a fynamento de vos et da dita pesoa que a dita casa fique livre et quita con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Johan Ferrnandes, que estou presente por min et por la dita mina muller et pesoa asy reçebo o dito foro et obligo meus bees et seus para o comprir en todo commo dito he.

Et esto fuy asy por ante min Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo.

Testemoyas: o dito dayan; don Gonçalvo Eanes, chantres; don Alvaro Dias, arçidiago d’Aveancos; don Savaschan Rodrigues, arçidiago de Deça; don Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Gonçalvo Osores, arçidiago de Triacastela; Fernando Peres, Afonso Ferrnandes, Ares Ferrnandes, Ruy Lopes, Diego Alvares, coengos; Jacome Ferrnandes, Johan Garçia, Alvar Rodrigues, Afonso Eanes, raçoeyros; Pedro Afonso de Sande, Pero Afonso, Fernando Eanes, Arias Peres, capellaes, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto fuy presente.