GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

314

xullo, 9

Sentencia dos xuíces para que Abrahán pague 5 reais de prata a Rodrigo de Camba e Ares de Sarria por unha fianza. (fol. 98v)

Rodrigo de Canba.

Et despois desto, enna dita çibdade d’Ourense enna Praça do Canpo, audiençia da terça \sesta feira nove dias do dito mes/ ante Loys Gonçalves e Afonso Yanes juises d’Ourense mandaron por sentença Abrafan, fillo de Salamon o vello, que doje a nove dias primeiros sigentes dese et entregase a Rodrigo de Canba e Ares de Sarria os ditos çinqo rayaas de prata que falesçian da dita espada et por que ficara por fiador ao dito (- - -) contra o dito Fernando Rodrigues \e que davan por livre et quite ao dito Pero Gonçalves/ e que a salvo lle quedase de se tornar por elles ao dito Fernando Rodrigues ou a quen devese de dereito, e o dito Abraan diso que apelava etç. e o dito juises diseron que lle non davan lugar enna apelaçon por quanto non pasava de LX .- arriba e era obra conçellavel etç. e o el confesava etç. Tests. Alvaro Çide, Afonso Fernandes notarios Nuno Gonçalves da Praça notarios, Alvaro carniçeiro.