GMH/ÍNDICE A-Z

1141
1461, maio, 14 xoves. Lugo

O vigairo lucense afóralles a Álvaro de Montaos, á súa muller e a unha voz dúas casas da mesa bispal polas que han de pagar anualmente como renda quince marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/15, perg. orix., galego, cortesá, 350 x 225 mm.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea et en a iglesia de Lugo bigario et fasedor de meu senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, por virtude de hun poder que de sua merçede teno, et beendo et entendendo que he seu serviçio, prol et boo paramento de sua iglesia et mesa obispal et de seus suçesores, aforo et dou en foro a vos Alvaro de Montaos, morador en a fiigresia de Sant Jullao de Vilachan de Mera, et a vosa muller, Aldara Ferrnandes, et a outra persona depoys de vos qual vos nomeardes en vosa vida, et non seendo nomeada que seia quen herdar os bees do pustrimeiro de vos de dereito. Coben a saber que vos aforo huna casa con sua corte, en que vos agora morades, et outra casa que vos agora fezestes que esta de fronte desta en que vos morades, et mays vos aforo ha ayra con seu orto et cortina que esta detras desta casa, o qual todo he et pertenesçe a o dito senor Obispo et a sua iglesia et mesa obispal, a tal pleito et condiçon que vos reparedes as ditas casas asi aqu’esta en que morades con sua corte por quanto esta para cair et mal apostada et ha cubradas de lousa et todo tenades ben labrado et reparado en tal maneira que se non perga por mingoa de laborio et boo reparo; et diades de foro, en cada hun ano, vos et a dita vosa muller et persona a o dito senor Obispo et a seus mayordomos, por cada dia de Sant Martino de novembre, quinse maravedis de moneda vella, a tres brancas vellas et hun dineiro ho maravedi, ou çinquo brancas novas, et que se por la ventura quiserdes bender, ou supinorar este dito foro que primeyramente requirades con el a o dito senor Obispo, ou a seus suçesores; et que a persona que en el suçeder que seia obligada de se viir mostrar como suçede en el deslo dia que en el suçeder a trinta dias primeiros seguentes.
Et eu, o dito Alvaro de Montaos, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas asi reçebo de vos, o dito arçediano et vigario, este dito foro por lo tenpo et personas et preçio et condiçoes en el contiudas, et obligo a min et a todos meus bees et da dita mina muller et persona de o teer, gardar, pagar et conplir segundo se en el conten.

Et eu, o dito arçediano et bigario, asi vos lo dou et outorgo por ante ho notario et testemoyas a juso escriptas, a o qual rogo et mando que vos faga delo huna carta de foro forte et firme et que a signe de seu signo.
Que foy feita et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en os paçeos do dito senor Obispo, deste joves, quatorse dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Ares das Cortinas et Roy de Cospeyto et Lopo Caneyras, criados do dito arçediano, et outros.

Et eu Fernando Yanes de Sant Jullao, notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro, segun por ante min pasou, escripvi por mandado et outorgamento do dito arçediano et bigario a o qual aqui vi firmar seu nome, et a pedimento do dito Alvaro de Montaos aqui puje meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he rogado et requerido.