GMH/ÍNDICE A-Z

D124
1459, abril, 25
Sentenza para que as dúas partes propietarias dunha acémila acepten unha valoración desta e a parte interesada lle compre a metade á outra ou se non que ambas as partes a poñan en venda. (fols. 38v-39)

Gomes Gonçalves.

En este día e por estes tests. /et\ os ditos alcalldes a pedimento do dito Gomes Gonçalves mandaron a dita Costança Paas que a semella que ficara do dito Afonso Anes que trouxese et que fose apodada por dous omes boons et todo o que fose determinado que ela vallía que se a quisese tomar en sy a dita Costança Paas que dese a sua parte de aquello por que fose apodada ao dito Gomes Gonçalves e sua esposa de aquello que dereito lle viña de aver et se a non quisese que a tomase o dito Gomes Gonçalves et dese a sua parte e quinon a dita Costança Paas de aquello que de dereito lle viña de aver ou a vendesen (fol. 38v)
se a non quisese porlo justo preço et que cada huun ouvese a sua parte et quinon de aquello que lles de dereito avia de aver (Tests. os sobre ditos)* et non tragendo et morrendo a dita asemella que a dita Costança Paas fose obrigada de pagar a sua parte ao dito Gomes Gonçalves et sua esposa. Tests. os sobre ditos.