GMH/ÍNDICE A-Z

286
1332, novembro, 2

Afonso González véndelles a García Fernández e á súa muller todo canto ten en Maceda e Arcos, freguesías de San Salvador e San Pedro de Arcos, por 50 soldos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 D/6, perg. orix., galego, gótica cursiva, 130x104 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Affonso Gonçalves, filo de Gonçalvo Eanes de Cotae, que foy, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, Garçia Ferrnandes, filo de Fernan Aras de Villa Fiis, et a vosa muler Aldara Eanes, todo quanto herdamento et vos eu aio et aver devo por parte do dito meu padre en Maçaeda et en Arcos, su signos de San Salvador et de Sant Pedro d’Arcos, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores, et formaes, a monte et a fonte per ut quer que vaa, et reçebo de vos en preso por esta vençon, çinquaenta soldos desta moeda blanca del rey don Affonso que ora corre, de que me outorgo por entrego et ben pagado, et obligo min et todos meus bees de vos façer senpre esta vençon de pas. Et desoie mays este dia todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon dous dias de novembro, era de mill et CCC LXXta annos. Testemoyas: Martin de Romae, mercador; Pedro Santiago, carniçeyro; Affonso Eanes, correeyro ts.

Et eu Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esta vençon presente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).