GMH/ÍNDICE A-Z

E1-13
1436, maio, 13
O xuíz Afonso Enríquez, que foi procurador do Concello en anos pasados, outorga poder ao notario Afonso de Betanzos para recadar os pedidos dese período. (fol. 8)

Poder que Afonso Anriques dou Afonso de Betanços notario para recadar os pedidos.

Anno domini Mº CCCC XXX VI, XIII dias de mayo, Afonso Anriques juis d’Ourense dou seu poder conprido jeeral et abastante Afonso de Betanços notario
vesiño da dita çibdade para que por si et en seu nomme posa reçeber et recadar os mrs. dos pedidos de noso señor el rey dos (dous)* annos pasados que el foy procurador et en seu carrego he de recadar (et para que)* dos pedidos da dita çibdade d’Ourense et reçeber los et recadarlos e dar carta e cartas de pago et faser conta e contas con os colledores et tiradores das ditas ruas e apremearlos para elo et faser contas con os recadadores do dito señor rey et faser en elo todas las cousas que el faría presente sendo etç., et obrigou seus bens etç., poder abastante etç. Tests. Afonso de Meende notario, Joan de Cusanqa e Rodrigo escripvan et Pero Fernandes escripvan. (fol. 8)