GMH/ÍNDICE A-Z

E2-22
1435, abril, 16
Pedro Gaio entrega ao Concello vinte e cinco coiros salgados en pago de certa mercadoría.

Coyros que deron Joan de Mellon et Pero Gayo.

A XVI dias de abril Pero Gayo entregou Alvaro Afonso rejedor e a Pero Fernandes e Afonso Anriques juises, viinte et çinqo coyros salgados de boys e de vaqas, os quaes ditos XXVº coiros entregou para en pago da merqadoría e mrs. que reçebeu do conçello ontre el et Joan de Mellon, e Afonso Ares procurador que presente estava fesoos levar a casa de Alvaro da Fonteyna. Tests. Gonçalvo Ranooa, Diego da Agoada.