GMH/ÍNDICE A-Z

1353
1484, xaneiro, 24 sábado. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Diego Gómez e a dúas voces o lugar de Ponte na freguesía de Santa Mariña de Barxa, por renda anual de 200 marabedís os primeiros beneficiarios e 250 marabedís a última voz.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 80 r.

Sepan quantos esta carta de foro virem como nos as personas, canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por son de canpana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta das bobedas, de consentimento et outorgamento de Juan Ferrnandes, clerigo do coro, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que presente esta, entendendo que fazemos noso probeyto et de nosos suçesores, aforamos et damos aforo a vos Diego Gomes de Quintaa de [Lor] et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, o noso lugar chamado de Ponte, que perteeçe a os aniversarios da dita iglesia de Lugo, que he en o Couto de [...] sub o signo de Santa Marina de Barja, con todas suas casas et formaes et vinas et herdades, mansas et bravas, et alvores et pertenençias et con todos seus dereytos, segundo que perteneçen a os ditos aniversarios et a nos por rason deles, por donde quer que baa. A tal pleito et condiçon que tenades as casas do dito lugar levantadas, cubertas et ben reparadas vos et as ditas personas, et eso mesmo tenades reparado et reparedes o lagar que en o dito lugar feso Diego Gomes, clerigo de Santa Maria de Quintaa, voso amo, que Deus aia; et mays ponades en el huna booa cuba que fique en o dito lugar, ou en as casas del, a finamento da postromeyra persona deste foro, et lavredes et ponades de vinas as herdades do dito lugar que foron vinas, que agora estan desprobadas, et as outras herdades que as labredes et as tenades labradas et ben reparadas vos et as ditas personas en tal maneyra que se non vaan a hermo por mingoa de laboria. Et dedes de foro, en cada un ano, en vosa vida por lo dito lugar dozentos moravedis de moeda vella de longos, que son de curtos dosentos et trese maravedis bellos et tres dineyros; et a segunda persona de doçentos et viinte maravedis bellos de longos, que son de curtos doçentos et trinta et quatro maravedis bellos et sete dineyros; et a terçeyra persona que de doçentos et çinquoenta maravedis bellos de longos, que son de curtos doçentos et sesenta et seys maravedis bellos et sete dineyros, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo a o rendeyro et colledor das rendas dos aniversarios, ou a quen noso poder ouber para os recabdar, por dia de San Martino de nobenbre. Et que non posades, nen posa a segunda persona, nomear por persona nen dar o dito foro a escudeyro, nen a ome poderoso et se o fezerdes ou fesere que non valla. Et con condiçon que cada huna das ditas personas, que despoys de vos suçeder en o dito foro, do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias primeyros logo segentes bena mostrar et insinuar ante nos, o dito cabildo, en como he persona do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro et todo o dereyto que a el teber se lo quiseren reçeber; et asimesmo vos et as ditas personas despoys de vos seredes obediente a o dito cabildo et para ben et onrra da dita iglesia et dean el cabildo dela; et se vos, ou as ditas personas, fordes contra a dita iglesia de Lugo, ou contra os benefiçiados dela, que por eso mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et teberen. Et non pagando o contiudo en este dito foro, por dous anos continos, por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et teberen se vos lo quiseren reçeber. Et eso mesmo non posades vender, nen supinorar, nen enajenar este dito foro vos nen as ditas personas sen liçençia et consintimento de nos, o dito cabildo. Et a fin da postromeyra persona que as ditas casas do dito lugar fiquen feytas, cubertas et reparadas et en boo paramento, et as herdades do dito lugar labradas et ho lagar ben reparado, et mays huna booa cuba, segundo arriba se conten, todo libre et quito et desenbargado a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuio he, con todos los outros boos paramentos que en o dito lugar do Ponte foren feytos.

Et eu, o dito Diego Gomes de Quintaa, que presente soo, asy o reçebo por la maneyra et condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus bees, mobiles et rayses, et das ditas personas de eu et elas o compriremos et pagaremos et atenderemos todo lo susodito, segundo et en a maneyra et forma que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, çerca do qual rogamos et mandamos a o notario de iuso escripto que de et faga delo duas cartas de foro anbas en un thenor, et a vosa seia seelada con noso seelo pendente et anbas signadas de seu signo.

Que foy feyta et outorgada en o sobredito lugar, sabado, vinte et quatro dias do mes de janeyro, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçientos et oytenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes: Alvaro Dias da Lama, arçediano de Sarrea; el bachiller, Pedro Ferrnandes das Camoyras, arçediano de Deçon et vicario del dean; et Diego Gomes de Fonteyta, arçediano de Tricastela ; [...] Diego Vasques, Juan Arias, Pedro Martines, Pedro de Mera, Rodrigo Dias, Gomes Ferrnandes, Andres Gonçalves, Vaasco Rodrigues, coengos capitulantes; Juan Arias, Pedro [...], raçioneros; et o dito Juan Ferrnandes, clerigo do coro, rendeyro dos ditos aniversarios.

Et eu Afonso Ferrnandes de San Jullaao, raçioneyro en a dita iglesia de Lugo et notario publico por la abtoridade del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, a esto que sobredito he en un con os ditos capitulantes et testigos presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou, et por las ditas partes foy outorgada con mina mao escripvi et por ende fis aqui estos meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade.

Afonso Ferrnandes, notario.