GMH/ÍNDICE A-Z

883
1389, [outubro], 23. Santa María de Nogueira
Mendo Ares, cóengo de Ourense, reitor da igrexa de San Andrés de Faba, fai ler unha carta de Xácome Fernández, cóengo de Lugo, chanceler de Xoán Alonso, deán (inclúe carta: 1389-X-22, CD n.º 882), e pídelle a Estevo Fernández, arcipreste, que a cumpra.
MADRID, AHN, Carp. 1335/5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 300x200 mm.

Anno do naçemento de nosso Sennor Ihesu (sic) de mill et tresentos et oyteenta et nove annos, viinte et tres dias do mes de [outubre].

Ante as portas da [iglesia] de Santa Maria de Nugeyra, que he çerca de Chantada, enno dayadego da iglesia de Lugo, en presença de min Afonsso Fernandes, notario de noso sennor el rey en sua corte et en todos seus reynos, et das testemoyas de juso escriptas, estando presente Mendares, coengo enna iglesia d’Ourense et rector da iglesia de Santo Andrés da Faba, feso leer huna carta escripta en papel et seelada ennas costas de çera verde, et enno medeo do seelo huna fegura de huna a[...] et firmada de nome de Jacome Fernandes, coengo na iglesia de Lugo, et chançeler de don Johan Afonso, dean enna dita iglesia, da qual carta o thenor he este que se sigue:

A continuación o documento de 1389-X-22, Castelo de Asma, (CD n.º 882).

a qual carta liuda et publicada o dito Mendo ares frontou et requireu logo a o dito Estevoo Fernandes, arcipreste, que estava presente que comprise aquela carta segundo que se en ela contina, et por vertude dela o posesse en posisson corporal rayal da dita terça parte da dita iglesia. Et o dito Estevoo Fernandes, arçipreste, diso que estava presto para comprir a dita carta et en comprindoa que poyna et posso logo a dito Mendo Ares, coengo, en posison corporal et rayal da dita terça parte sem cura da dita iglesia entregandonos cales, livros, vestimentas et campaas et ornamentos dela. Et de commo esta cousa asy pasou o dito Mendo Ares, coengo, pedeu a min notario hun testemoyo ou dous ou quantos lle comprisse para garda de seu dereyto signado do meu signal et firmado de meu nome.

Testemoyas que estavan presentes: Alfonso Martines, cureyro da dita iglesia; et Alfonso Martines, moordomo de Vaasco Gomes; et Ares Peres, fliguis da dita iglesia; et Afonso Yanes et Pedro Fernandes, clerigos, et outros.

Et eu Affonso Ferrnandes, notario publico sobredito, a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas et este testemoyo fis escripvir et en el puge meu signal. (+).

Alfonso Fernandes, notario.