GMH/ÍNDICE A-Z

65

xaneiro, 27

Mestre Fernando demanda a unha forneira 30 mrs. da alcabala da leña, alegando ela que só lle debe tres, polo que os xuíces conceden prazo de tres días para que se aveñan ou comparezan logo ante eles. (fol. 21v)

Mestre Fernando.

A XXVII dias de janeiro, mestre Fernando demandou a (- - -) forneira de Vylar, XXX .- de alcavala de lena e diso que lle non devía tantos mrs. e que lle non devía ata tres .- et o dito mestre Fernando diso que lle desen juramento e o reçebio aa prova, e os ditos juises mandaron que ata terçeiro día se aveese con el, senon que ao dito termino paresçese ante elles para o elles determinar etç. Tests. Afonso Fernandes, Alvaro Gonçalves, Nuno de Freixo notarios; por ante Afonso Yanes e Loys Gonçalves juises.