GMH/ÍNDICE A-Z

234

s/d

Fernando Mouro, morador na aldea de Porqueira, traspasa a Fernando de Requeixo e á súa muller Maior Afonso un “cortiñeiro” foreiro ao bispo. (fol. 77-77v)

Carta de Fernando de Reqeixo. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta viren como eu, Fernando Mouro, morador enna aldea de Porqeira, por rason que vos, Fernando de Reqeixo, morador enna dita aldea de Porqeira, sondes ome que me avedes feito moytas boas obras e graças et ajudas et por lo devedo e amistança que convosco ajo et eso meesmo por quanto soon ja ome entrado en dias e o non poso procurar, por ende dou e traspaso en vos o dito Fernando de Reqexo que sondes presente et en vosa moller Mayor Afonso que non he presente, moradores enna dita aldea, por lo tenpo e voses que o eu teño aforado da igleia d’Ourense, conben a saber que traspaso en vos o cortiñeyro do Moural, que jaz en Fera Montaaos et jaz a su cortineiro de Afonso Vasques, o qual dito cortineiro do ( fol. 77)
Moural traspaso en vos en vos porlo tenpo et voses e foro et condiçoens que o eu teño aforado do bispo da igleia d’Ourense, por tal condiçon que façades os foros \foro de quinta/ ao dito señor obispo segundo que eu soon tiundo e obrigado e o labredes e paredes ben e conprades as condiçoens que eu soon tiundo de conprir et do al traspaso en vos de disemo a deus et logo todo jur, dereito etç. et por esta presente carta vos poño ena posison etç. et obrigo os beens do dito señor obispo que a min son obrigados para vosla faser saa e de paz etç. e renunçio etç. Penna dosentos etç. Carta fyrme e forte etç. Tests. Ares Fernandes, Afonso Fernandes alfayate, Afonso Caldellas, Joan do Bouteiro.