GMH/ÍNDICE A-Z

852
1382, xuño, 2. Santiago
Gonzalo Mariño dóalle a Lope Núnez e á súa voz todo o que ten na freguesía de San Pedro de Saa.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/7, perg. orix., galego, cortesá, 210x125 mm.

Era de mill et quatroçentos et viinte annos, dous dias de junio.

Sabean todos que eu Gonçalvo Marinno, escudeiro, non constrengudo por força nen desçebudo por engano, mais de minna propia et livre voontade por min et por minna voz, dou et outorgo en doaçon para senpre por jur de erdade a vos Lopo Nunes de Sa, escudeyro, et a vosa voz todas las erdades, casas et chantados que eu aio et a min perteesçen et perteesçer deven en qualquer maneyra et por qualquer razon enna fyglesia de San Pedro d’Oza, que he enno couto de Çiis, hu quer que vaan a montes et a fontes enna dita fiiglesia et en sua herdadura, et esto faço a vos por quanto sodes meu parente et por muyta ajuda et boa obra que de vos reçeby. Et todo jur, sennorio, posison et propiadade que eu aio en esto que dito he de min et de minna voz o tiro et tollo et en vos et en vosa voz o ponno et traspaso por esta presente carta de doaçon, et d’aqui endeante façades ende toda vosa voontade para senpre asi commo de vosa cousa propia; et prometo et outorgo que eu nen minna voz non vennamos contra esta doaçon por nos nen por outros en juiso nen fora del so penna \de/ mill maravedis, de diez dineiros o maravedi, desta moneda usual que eu ou minna voz vos a vos ou a vosa voz peytemos por penna se vos contra esto veer, a qual penna pagada ou non pagada todavia esta carta fique firme et valla para senpre.

Feyta enna çidade de Santiago, dia et era et mes sobredichos. Testemoyas: Lope Peres de Moscoso; Johan Curujo; Johan do Outeryo; Afonso Gonçalves; Lopo Garçia, clerigo de Santo Estevo de Parada, et outros.

Et eu Johan Rodrigues de Santiago, escrivano del rey et su notario publico en la su corte et en todos los sus regnos, a esto fuy presente con las dichas testemoyas, et esta carta fis escrivir et puse aqui este mio signo en testimonio. (+).