GMH/ÍNDICE A-Z

771
1377, xuño, 16. Diomondi
O bispo de Lugo outórgalles ao prior e ao mosteiro de San Martiño da Cova o quiñón dun casal en San Martiño Cova e recibe a cambio todo canto posúe o mosteiro en Castelo de Asma, Quintao e Santa María de Castrelo.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 99r.

Sabeam todos commo nos, don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome da dita nosa iglesia, de huna parte, et eu Iohan Gonçalves, prior do moesteyro de Sant Martino da Cova, con outorgamento de Garçia Martines, et Pedro Eanes, et Gonçalvo Peres, coengos do dito moesteyro, da outra, entendendo cada hun de nos que he proveyto noso et de nosas iglesias, fasemos entre nos tal escambea valedeyra et firme para senpre iamays, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, o dito prior, et coengos et vosso moesteyro para senpre por iur d’erdade, commo dito he, todo o nosso quinon do casal de vinna que nos avemos en San Martino da Cova, que chaman d’Aveloedo de iusao, o qual foi de Martin Gil, con todas suas pertenenças et dereyturas commo se parte convosco et con o dito voso moesteyro; et logo por esta presente carta vos damos o iur et possisson et propiedade do dito quinon do dito casal et vinnas que nos perteeçe et tiramos del a nos.

Et eu o dito Iohan Gonçalves, prior, asy reçebo para min et para o dito moesteyro esto que vos, o dito sennor obispo, me dades et por elo dou-vos en escambea et por iur d’erdade para senpre todas las herdades et casas et arbores et formaes et iures et dereyturas que eu et o dito moesteyro de San Martino da Cova avemos en Castelo d’Asma, et no Quintao, et sub signo de Santa Maria de Castrelo, a monte et a fonte, peru quer que vaan con suas pertenenças et dereyturas, segundo se parte con o casal de Vilar de Donas, et logo por esta presente carta vos ponno et meto enno iur et posisson et propiedade das ditas herdades et casas et arbores con suas pertenenças et dereyturas, et tiro ende a min et a o dito meu moesteyro. Et obligamos cada hun de nos de faser de pas hun a o outro estas escambeas que nos damos, et por que seia çerto rogamos a Iohan Ares, notario publico da çibdade de Lugo et dos coutos da iglesia dese lugar, que fesese desto duas cartas en hun tennor.

Feytas en Diomonde, des et seys dias de junyio, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas: Domingo de Deus, clerigo de Beesteyros; Afonso Peres, camareyro; Iohan Ferrnandes, clerigo de Caraço; frey Afonso Eanes, conpaneyro do bispo; Lopo Buran; Fernando Gonçalves de Moreda; Arias Peres de Belsar; Afonso Martines di; Gomes Alvares de Froyar, Alvar Afonso, seu tio; Alvaro Mouran; Iohan de Signagoga; Rodrigo Afonso, escripvan; Pedro Ferrnandes, et Pedro Afonso de Coreveysa, ts.