GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1395
1497, setembro, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó racioneiro Afonso Fernández e a tres voces unhas casas en Barrio Falcón, por renda anual de quince marabedís o primeiro beneficiario, e vinte marabedís as voces.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/13 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 330 x 260 mm. 

Sepan quantos esta carta de foro vieren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que a juso seran nonbrados, seendo juntos en noso cabildo dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a as bobedas chamados por son de canpana tangida, segund que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso acordo con nos et matura deliberaçion, et veendo et entendendo que o a juso contiudo he probeyto da dita iglesia de Lugo et aniversarios dela et noso et de nosos suçesores, et de consentimiento et outorgamiento de Rodrigo Afonso de Aguiar, clerigo de aniversarios da dita iglesia, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que presente esta, outorgamos et conosçemos que aforamos et damos aforo et averbo a vos Afonso Fernandez de San Jullao, raçionero en a dita iglesia, que presente estades, huas nosas casas que estan en Barreo Falcon, que son dos aniversarios da dita iglesia, en as quaes vos agora morades, as quaes ditas casas fezo de nobo Fernando Afonso do Canpo, voso tio, et sua muller, Aldara Afonso, cujas animas Deus aja, et as teveron en foro et despois deles Maria Afonso, sua filla, muller que foy de Ruy da Rigueira, defunto; as quaes jazen juntas de huna parte con outras casas de Pedro Fernandez de Cabarcos, regedor da dita çibdade, et da outra aca topan con outras casas que agora ten en foro dos ditos aniversarios Rodrigo Rodriguez de Gayoso, canonigo, as quaes ditas casas con seu curral et a metade do poço, segund que esta en medeo da parede que vos, o dito Afonso Fernandez, feçeste entre vos et o dito Rodrigo Rodriguez, et con sua casa trabesa que sal en a cogosta et camino que bay dos Fiees de Deus para a Porta Minaa acaron do muro da dita çibdade, segund que a feçeste de nobo et çarrastes de parede o dito curral de huna parte et da outra a vosas custas et expensas, as quaes ditas casas son sitas en esta çibdade, su o signo da Capela de San Pedro, et mays vos poemos et ajuntamos et damos en o dito foro a casa que vos, o dito Afonso Fernandez, feçestes en o territorio que conprastes a Maria Afonso do Canpo, madre do dito Pedro Fernandez de Cabarcos, que era vosa propia, et vos de agora para en adelante et para senpre jamays por via de enparçamiento ha deste et dades et juntades con as ditas casas que asi feçestes vos et o dito Fernando Afonso do Canpo, segund que agora as teedes feytas et as poseedes mistas huas con outras, asi vos las aforamos, segund dito he, por dias de vosa vida et de outras tres personas depus de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seja persona do dito foro quen herdar vosos bees de dereito ou a mayor parte deles, et asi de grado en grado sucçessivemente fasta que sejan fenesçidas et acabadas as ditas tres personas depoys de vos. A tal pleito et condiçion que vos en vosa vida dedes et paguedes de foro, en cada un ano, a o colledor et rendeyro dos aniversarios quinçe maravedis vellos, que tres brancas vellas et un dineyro fazen cada maravedi, et as outras tres personas despois de vos, que suçederen en este dito foro, den et paguen veynte maravedis vellos da dita moeda en a moeda que se usar et pagaren os outros foros et rentas da dita iglesia, pagos por San Martino de nobenbre de cada un ano. Et cada persona, que suçeder en este dito foro, seja tiuda et obligada de se presentar ante nos, o dito cabildo, ou ante nosos suçessores do dia que en el suçeder fasta treynta dias primeiros seguientes et nos mostre como en el suçede et del he persona. Et a finamiento da postremeira persona que o dito foro das ditas casas con seu enparço et con todos seus anexos fiquen libres, quitas et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en elas foren feitos.

Et eu, o dito Afonso Fernandez de San Jullaao, raçionero, que presente estou, por myn et por las ditas tres personas depoys de myn asi dou et outorgo et enparço a dita casa que asi fige en o territorio, que asi conprey a a dita Maria Afonso, para senpre jamays a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, et asi ha reçebo toda juntamente en o dito foro por la manera et condiçoes sobreditas, et obligo a myn et a meus bees et das ditas tres personas de o asi teermos et conplirmos et pagarmos por la manera et condiçoes sobreditas. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos et nos obligamos de vos teer, conplir et guardar, segund susodito he. Do qual nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que de et faga delo duas cartas de foro, anbas en un tenor, as mays fortes et firmes que se sobre elo podesen faser et notar sobre la dita razon et signadas de seu signo huna para vos o dito Afonso Fernandez de San Jullaoo, raçionero, et vosas personas, et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmeza mandamos seellar con noso seelo pendente a carta de vos o dito Afonso Fernandez, raçoeiro, et vosas personas.

Que foy feyta et outorgada et pasou todo o sobredito, doze dias do mes de septembre, ano do nasçemiento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et septe anos.

Foron presentes a fazer et outorgar et consentir este dito foro: Alvaro Diaz de Lama, chantre; et el bachiller, Pedro Fernandez de las Camoyras, arçediano de Sarrea; Gomez Garçia de Gayoso, arçediano de Deçon; Diego Gonçalvez de Fonteita, arçediano de Triacastella et vicario del dean, don Gonçalvo Gomez de Montenegro; Afonso Martines de Galdo, juez; Gomez Ares de Cobelo, thesorero; Johan Ares de Parga, Gomez Fernandez, Pedro Gonçalvez de Castroverde, Vernaldo Ares de Neira, canonigos capitulantes; Vasco Grandio, raçionero, et o dito Rodrigo d’Aguiar et Rodrigo d’Arcos, clerigos de aniversario da dita iglesia. Testigos que foron presentes: Diego Velon, et Vasco Rodrigues de Panton, clerigos de la diocesis de Lugo; et Lopo Dourado, notario, vezino da dita çibdade de Lugo, et outros.

Et eu Garcia Lopez das Camoyras, canonigo en la dicha iglesia et notario por la abtoridad apostolica, a todo lo que dicho es en uno con los sobredichos testigos presente foy et este sobredicho foro, segund que por los sobredichos senores del cabildo fue otorgado, por mi mano vien et fielmente escrevi et por ruego et mandado de los dichos senores aqui puse este mi nonbre. Emendado entre regoos que diz nosas que asi ha de dizer.

Materias

administración; aniversario; arcediago; bacharel; barrio; beneficiado; bóveda; branca; camiño; campá; canon foral; capela; casas; catedral; cemiterio; chantre; cóengo; concello; construción; curral; deán; dignidades; diñeiros; doazón; esposa; esposo; familia; festa; filla; fillo; linde; marabedí; mesa capitular; muller; muralla; nai; notario; notario apostólico; porta; Porta Miñá; pozo; racioneiro; rendeiro; rexedor; selo; sobriño; tesoureiro; tío; valado; venda; vigairo; viúva; xenealoxía; xuíz; cabido

Persoas

Afonso Fernández de San Xiao, racioneiro de Lugo; Afonso Martínez de Galdo, xuíz de Lugo; Aldara Afonso; Álvaro Díaz da Lama, chantre de Lugo; Ares de Neira, cóengo de Lugo; Bernal, cóengo de Lugo; Diego González de Fonteita, arcediago de Triacastela; Diego Velón, crego; Fernando Afonso do Campo; García López das Camoiras, cóengo de Lugo; Gómez Ares de Covelo, tesoureiro de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Gonzalo Gómez de Montenegro, deán de Lugo; Lopo Dourado, notario; María Afonso; María Afonso do Campo; Pedro Fernández de Cabarcos, rexedor de Lugo; Pedro González de Castroverde, cóengo de Lugo; Roi da Regueira; Roi de Arcos, crego do coro de Lugo; Roi Rodríguez de Gaioso, cóengo de Lugo; Vasco Grandío, racioneiro de Lugo; Vasco Rodríguez de Pantón, crego; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Roi Afonso de Aguiar, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, concello; Lugo, cabido

Lugares

Aguiar; Arcos; Barrio Falcón; Cabarcos; Camoiras, As; Castroverde; Covelo; Dozón; Fiees de Deus; Fonteita; Gaioso; Galdo, Santa María; Lama; Montenegro, antiga xurisdición; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Panton; Parga, antiga xurisdición; Rigeira; San Xillao; Sarria; Triacastela