GMH/ÍNDICE A-Z

861
1383, abril, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Pedro Fernández e a dúas voces herdades na freguesía de Santiago de Saamasas por renda anual de tres tegas de cebada, que pagarán ao notario Fernando Pérez en nome do Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 91r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Johan Afonso, dayan de Lugo, et as pesoas et coengos desa iglesia estando juntados en cabidoo enno coro desa iglesia, segundo avemos de custume, aforamos a vos Pero Fernandes das Camoyras, morador en Lugo, por vosa vida et de duas pesoas apus vos huna qual vos nomeardes a tempo de voso finamento ou en vosa seude, et a outra qual nomear aquela persoa que de vos for nomeada, todas las herdades que nos avemos por los aniversarios en Sanmasas et sub signo de Santiago de Sanmasas con suas dereyturas et pertenenças, per ut quer que vaan sub o dito signo, sacando ende as herdades que iasen a a fonte de Santa Maria en Valoyra que de nos tevo Fernando Peres, notario de Lugo, en prestamo, et a a tal condiçon que vos o dito Pedro Ferrnandes façades lavrar ben as ditas herdades, et derdes della de cada anno en foro et renda tres teegas de çeveyra por midida dereyta, que fasen duas fanegas, a aquel que tever os aniversarios por la dita iglesia de Lugo, o qual pan vos logo mandamos dar et pagar de cada anno a o dito Fernando Peres, notario, en sua vida por nome do dito cabidoo.

Et eu, o dito Pedro Fernandes, que estou presente por min et por las ditas pesoas asy reçebo de vos, o dito cabidoo, as ditas herdades em foro, commo dito he, con as condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et das ditas pesoas a o atender et complir et pagar en todo segundo dito he. Et nos, los ditos dayan et cabidoo, asy vos-lo outorgamos. Et porque esto seia çerto mandamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duos contrautos feytos en hun tenor tal hun commo outro.

Feyta II dias de abril, era de mill et quatroçentos et viinte et hun annos.

Testemoyas: o dito dayan; don Gonçalvo Eanes, chantres; don Ares Peres, arçidiago de Deçon; don Fernando Ares, arçidiago de Triacastela; don Tomas Gomes, juys; don Diego Gomes, thesoreyro; Fernando Peres, Ares Fernandes, Afonso Fernandes, coengos; Aras Eanes, Jacome Fernandes, et Johan Garçia, raçoeyros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et aqui puge meu signal.