GMH/ÍNDICE A-Z

437
1342, setembro, 16. Lugo

Acta notarial na que Fernando Pérez recoñece ter recibido de Xoán Fernández, cóengo xa falecido, os sete armentíos que este debía deixar no casal do Outeiro.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 25v.

Era de mill et CCC LXXXta annos, XVI dias de setembro, en presença de min Fernan Garçia, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas estando enno coro da iglesia de Santa Maria de Lugo a a seyda da missa da terça, Fernan Peres, morador en Castello, disso que dos sete armentios que Iohan Ferrnandes de Valdayo, coengo que fuy de Lugo, avia a leyxar eno cassal do Outeyro que tina avervado do cabidoo de Lugo, que el avia en sy os seys armentios et con CXLª soldos que lle logo pagou Pedro Arias para huna beserra en nome do dito Iohan Ferrnandes. Outorgousse por ben entrego dos VIIe armentios que o dito Iohan Ferrnandes reçevera et ouvera a leyxar no dito lugar, et diso o dito Fernan Peres [...] aquel que Iohan Ferrnandes reçebera, et el que o reçebia para o dayan, don Diego Ferrnandes, que tina aforado o dito cassal et para lle dar del renda.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantres; don Arias Pelaes, arçidiago de Deça; Iohan Dias, coengo; Fernando Peres, notario de Lugo; Afonso [...], Lopo Domingues, clerigos do coro.

Et eu Fernan Garçia, notario sobredito, fuy presente a esto et scripvi et puge meu sinal.