GMH/ÍNDICE A-Z

1182
1468, marzo, 1. Lugo
O vigairo lucense, con poder do bispo, (inclúe carta de poder: 1467-IX-7, Valladolid, CD nº 1178) afóralles a Gómez Ares, á súa muller e a dúas voces o lugar de Esperela na freguesía de San Pedro de Esperela, por renda anual de catro fanegas de centeo e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/1, perg. orix., galego, cortesá, 290 x 380 mm.

Sepam quantos esta carta viren como eu Ruy Lopes, liçençiado en decretos, provisor et vigario general en a iglesia et obispado de Lugo por lo onrrado en Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde, por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma Obispo do dito obispado, oydor de la Abdiençia de nosso senor el Rey et do seu Consello, por virtud de un poder a min dado et outorgado por lo dito senor Obispo para fazer et outorgar todo ho a juso en esta carta contiudo, do qual seu thenor de vervo a vervo he este que se sigue:

segue a continuación a carta de poder: 1467-IX-7, Valladolid, CD nº 1178.

veendo et entendendo que he serviçio do dito senor Obispo et proveyto et ajuda da dita sua iglesia, aforo a vos Gomes Ares Ramos de Castroverde et a vosa muller, Elvira Peres, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual nomear o postrimeyro de vosoutros, et a outra qual nomear a persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeadas que seian personas do dito foro quen de dereito herdar vosos bees et das ditas personas. Conben a saber que vos aforo o lugar chamado d’Asperela, que ias et he sito et locado en a fligresia et sub o signo de San Pedro d’Asperela, que he do dito senor Obispo, con todas las herdades et arvores et formaes et cousas a el devidas et perteesçentes et lle perteesçer deven de dereito, a monte et a fonte por onde quer que vaan, o qual dito lugar et cousas del foy do Moesteyro de Santa Maria a Nova da çiudade de Lugo et esta en canpo et ermo et non rende cousa alguna a o dito senor Obispo, a tal pleito et condiçion que vos, o dito Gomes Ares, fasta dous anos primeiros seguentes a vosas custas et misoos fagades huna casa en o dito lugar de pedra et parede et por çima segund en os semellantes lugares outras estan en a dita fligresia, et que saquedes de monte et hermo as herdades do dito lugar as mays que poderdes, et ho labredes et reparedes ben por maneyra que se non perga por mingoa de boo paramento, et mays que vos, o dito Gomes Ares, et as ditas personas et cada huna delas que despoys de vos subçederen en o dito foro diades, en cada un ano, de foro et pension a o dito senor Obispo et a seu subçesor, ou subçesores, et a seus procuradores, por lo dito lugar et herdades del quatro fanegas de çenteo linpo de poo et de palla por medida dereyta postas en pas et en salvo en o dito lugar, en cada un ano, durante vosas vidas et das ditas personas desde dia de Santa Maria d’agosto fasta Santa Maria de setenbre en cada hun dos ditos anos. Et que a falesçemento da postrumeyra persona que o dito lugar et casas et herdades del con quantas del sacardes et con todas las benfeytorias que en el foren feytas queden libres et quitas a o dito senor Obispo et a seus subçesores, et que a persona que for nomeada por persona do dito foro que fasta trinta dias primeyros seguentes se presente por persona ante o senor Obispo, que a a sazon for, ou ante seu lugartenente, su pena que por ese mesmo feyto perga o dito foro; et eso mesmo que vos nen as ditas personas non posades vender, nen enagenar o dito foro sen liçençia do dito senor Obispo, ou de seu lugartenente, et se o fezerdes que por ese mesmo feito pergades o dito foro.

Et eu, o dito Gomes Ares, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas asy resçebo de vos, o dito senor liçençiado et provisor, o dito lugar et cousas a el perteesçentes en foro por las ditas quatro fanegas de çenteo, et con as ditas condiçoes et obligo a min et a meus bees et das ditas personas de dar et pagar a o dito senor Obispo et a seus subçesores et mordomos ou colledores as ditas quatro fanegas de pan de cada ano a o dito plazo, sub pena das custas et dapnos. Et eu, o dito liçençiado et provisor, asy resçebo de vos a dita obligaçion et vos fago o dito foro por ante o notario et testigos a juso escriptos.

Que foy feyta en a çiudade de Lugo, des et nove dias do mes de março, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes: Nuno Gonçalves de Santa Alla; et Johan de Viveiro, et Fernan Vasques de Lagoa, morador en o Valedouro; et Fernan Dourado, vesino da dita çiudade, et outros.

Et eu Johan Lopes de Gayvol, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta sobredita carta, segund que por ante mi pasou, por outro en mina presençia fis escripvir seendo ocupado de outros negoçios, et por mandado do dito senor provisor, que aqui firmou de seu nome, et a pedimento do dito Gomes Ares Ramos puge aqui meu signo et nome en testimoyo de verdade.