GMH/ÍNDICE A-Z

1216
1472, maio, 20. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Vasco Rodríguez, á súa muller e a dúas voces os casais de Santa Marta e do Rigueiro en San Fiz de Cerdeiras, e o de Vilamor en San Vicenzo de Pena, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 48 r.

Sepan quantos esta esta (sic) carta de foro viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos et damos aforo a vos Vasco Rodrigues de Goyoso et a vosa muller, Costança Sanches, et a outras duas personas, huna qual nomear o postremeyro de vos et outra qual nomear aquela persona que por lo postremeyro de vos for nomeada, et non seendo nomeada persona que seia persona deste foro quen herdar os beens do postremeyro de vos de dereyto et asi a outra persona. Conben a saber que vos aforamos tres casares de herdade, que son et perteesçen a os aniversarios desta dita iglesia, et iasen en a amistraçon de Narla et Parga et Goyoso, os quaes son os seguentes: o casal de Santa Marta et casal do Rigeyro, que iasen et son sitos en a fiigresia et sub o signo de San Fiis de Çerdeyras, et o casal de Vilamor que ias en a fiigresia de San Viçenço de Pena, os qaues ditos casares et casas et casares et herdades et prados et pastos et montes et fontes et rios et pesqueyras et entradas et saydas et jures et pertenenças vos aforamos et damos en foro, como dito he, segundo que perteesçen en as ditas fiigresias et en qualquer delas a os ditos aniversarios et a nos por rason deles; et que dedes de todo elo en foro vosoutros et as personas depoys de vos seys maravedis de moeda vella, et que os pagedes en cada un ano por cada dia de San Martino de nobenbre a o rendeyro et cojedor que for por lo dito cabildo das rendas dos ditos aniversarios, et este dito foro vos fasemos a Deus et a toda vosa bentura, a todo peligro et força, et que se y ouber pleyto, ou letigio, ou debate, ou question alguna sobre los ditos lugares, ou sobre qualquer cousa a eles perteesçentes, que vos paredes a elo et ho sigades et defendades a vosas propias custas et expensas, et que nos, o dito cabildo, nen nosos suçesores non vos seiamos obligados a cousa alguna, nen asy meesmo os ditos aniversarios; et con tal condiçon que cada persona que despoys de vos et da dita vosa muller suçeder en este dito foro que do dia que en el suçeder por persona fasta treynta dias primeyros seguentes se bena mostrar et presentar ante o dito cabildo con este dito foro como he foreyra del, sub pena que se o asi non feser que por ese meesmo feyto ho perga et se torne a a dita iglesia; et acabadas as ditas personas que os ditos casares et casas et herdades et outras quaesquer cousas a eles perteesçentes se tornen et fiquen libres et quitos et desenbargados a a dita iglesia et a os aniversarios dela, cuios son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Vaasco Rodrigues, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas asi resçebo en foro de vos, os ditos senores do dito cabildo, os ditos casares et casas et herdades et outras cousas a eles perteesçentes et resçebo et tomo a Deus et a toda mina ventura et a todo caso furtuyto este dito foro et se ouber pleyto, ou letigio, ou desecato, ou question alguna me pare a ela et ha defenda et siga a minas custas expensas, segundo arriba se conten. Et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et personas de o ter et gardar et conplir et pagar todo asi segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario a juso escripto, anbas en un thenor, huna para vos, o dito Vaasco Rodrigues, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a vosa carta con noso selo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, a veynte dias do mes de mayo, ano do nasçemiento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: Johan Afonso, chantre; Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes de Luases, mestrescola; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Diego Vasques, Juan Arias de Parga, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso de Galdo, canonigos et capitulantes; et Pedro Ferrnandes das Camoyras, et Juan Arias, Fernan Yanes, raçoeyros; et Juan Afonso de Castro Afosin, et Afonso de San Jullao, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et este sobredito contrauto de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro en mina presençia fis escripvir et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.