GMH/ÍNDICE A-Z

1113
1456, novembro, 5. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Varela e a dúas voces un casal e as herdades que seu pai trouxo en foro no lugar de Romaris, couto de San Salvador de Meixide, por renda anual de quince marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 13 v.; at. 3305 con referencia ó Lib. E f. 14.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo et averbo a vos Fernan Varela da Ponte a Canpan et a duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens et asi das outras personas, o noso casar et herdades del que nos avemos por rason dos aniversarios da dita iglesia de Lugo en o lugar de Romaris, que he en o couto de Sant Salvador de Menxide, segundo que voso padre, Fernando Varela, tevo de nos o dito casar et herdades en foro, et segundo que o vos agora por nos tragedes et usades, o qual casar et herdades vos aforamos, segundo dito he, con todas suas herdades et casas et casares et arbores et prados et pastos et con todas las cousas a el perteesçentes a tal pleito et condiçon que tenades as casas do dito casar levantadas et cubertas et ben reparadas vos et as ditas persoas, et as herdades del ben labradas et en boo paramento en tal maneyra que as casas esten levantadas et en boo paramento et as herdades ben labradas en tal maneyra que as ditas casas non cayan por mingoa de reparo, nen as herdades que se non baan a monte por myngoa de lavoria, et que asi as leixedes a finamento da postremeyra persona deste foro; et dedes vos et as ditas personas de foro, en cada hun ano, por dia de Sant Martino de nobembre quinse maravedis de longos a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder para ello ouver, postos en pas et en salvo en esta çibdade de Lugo, et con condiçon que cada huna das ditas persoas que suçederen en o dito foro despoys de vos, que do dia que en el suçeder por foreyra ata triinta dias logo siguentes nos vena mostrar et insinuar como ficou foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro por foreyra, que o dito casar et casas et herdades et arbores et herdades et arbores fiquen libres et desenbarguadas a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Varela, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas para min et para as ditas persoas, et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas de teer, conplir et pagar todo o suso contiudo segundo en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en hun thenor huna para vos, o dito Fernando Varella, et vosas persoas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos o dito Fernando Varela.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo en a dita iglesia et lugar o dia esta feira, çinquo dias do mes de nobembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatrosentos et çinquoenta et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Juan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Martines, canonigos da dita iglesia.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido. Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes onde dis por et onde dis en a dita iglesia et lugar que non foy viçio mays error do escrivan.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.