GMH/ÍNDICE A-Z

1071
1447, xaneiro, 23.

O chantre lucense afóralles a Elvira Ares e a dúas voces o casal de Atián na freguesía de Santiago de Castroncelos, por renda anual de quince marabedís e seis marabedís de luctuosa.

MADRID, AHN, carp. 1335 nº 17, perg. orix., galego, cortesá, 205 x 215 mm.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como eu Afonso Martines de Galdo, chantre en a iglesia de Lugo, amistrador de Santa Valla de Rey por lo cabildo da dita iglesia de Lugo, aforo a vos Elvyra Ares, muller que fostes de Alvaro de Quyroga, et a outras duas personas huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento et a outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada et se non for nomeada que seia aquela persona que seia quen herdar vosos veens de dereito, o casar chamado d’Atian, que ias sub o signo de Santiago de Castronçelos, con todas suas casas et arvores et entradas et saydas, a montes et a fontes, por onde quer que vaan sub o dicto signo perteeçentes a o dito casal, o qual dicto casal he da dita amistraçon de Santa Balla de Rey, o qual vos, a dita Elvira Ares, agora tragedes et usades en jur et en mao, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas labredes ben as herdades do dicto casal, et dedes de foro de cada ano et as ditas personas quinse maravedis, tres brancas et hun dineiro cada moravedi, por dia de San Martino de nobenbre, et en fin de cada huna das ditas personas que pagedes seys maravedis da dita moeda. Et a punto de finamento da postromeira que o dito casal et herdades fique libre et quito et desenbargado a a dita amistraçon et eglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en el foren feitos.

Et eu, a dicta Elvira Ares, asi o reçebo et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de comprir et atender todo o sobredito. Et eu, o dito Afonso Martines, chantre et amistrador asi vos lo outorgo et obligo os beens da dita amistraçon de vos lo faser saao et de pas a dereito por lo dito tenpo. Et porque he çerto outorgeyvos delo esta carta de foro firmada de meu nome et selada con meu seelo et signada do notario iuso escripto.

Que foy feita et outorgada en [Frectuxe], viinte et tres dias do mes de janeiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quarenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Gonçalvo Peres, clerigo de Layosa; et Ruy de Mondris, morador en Lugo; et Gonçalvo Ferrnandes, morador en Layosa, et outros.

Et eu Diego Peres de Mondonedo, notario publico da çiudade et obispado de Lugo, a este dito foro con as ditas testemoyas presente foy et por mina maao scripvi, segundo que foy outorgado por lo dito chantre et amistrador, et por ende fis aqui este meu nome et signal acostumado que tal he en testemoyo de verdad. Rogado et requerido para ello.