GMH/ÍNDICE A-Z

1227
1472, decembro, 4. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Nuno García, á súa muller e a dúas voces todo o que pertence ós aniversarios en Vilar de Cas, freguesía de Santa María de Moreira, por renda anual de doce marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 57 r.

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolomeu, que he en a dita yglesia, chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, aforamos et damos aforo a vos Nuno Garçia, neto de Nuno Garçia, notario, et de Ynes Gonçalves, sua muller, vesinos que foron de Lugo, por en toda vosa vida et a outras duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona deste foro quen herdar vosos bees de dereyto ou a mayor parte deles, et asy da outra persona. Conben a saber que vos aforamos et damos aforo et avervo todos los herdamentos et herdades et casares et arvores et jures et pertenenças et prados et pastos et entradas et saydas et outras quaesquer cousas que os aniversarios da iglesia de Lugo an et teen et lles perteesçen en Vilar de Cans, que he en o alfos d’Adae, sub o signo de Santa Maria de Moreyra, a montes et a fontes por donde quer que vaan en a dita fleygresia et en outros quaesquer lugares, segundo que os troubo et usou et posieu o dito Nuno Garçia, voso aboo, et outros por el, a tal pleito et condiçion que labredes, ou façades labrar, as ditas herdades et as tiredes de monte donde tiraren os outros, et se poderdes correger huna casa pequena que jaz grandes tenpos ha derribada que a corregades; et dedes de çenso et penson vos et as ditas personas, en cada un ano, doze maravedis de moeda vella de longos, et que os paguedes por cada dia de San Martino de novenbro de cada ano en esta çiudade de Lugo a o rendeyro et colledor que agora he dos ditos aniversarios et a os outros que despois del foren, et seiades senpre en honrra et probeyto vos et as ditas personas da dita iglesia de Lugo et dos benefiçiados dela; et cada persona que despois de vos subçeder por persona deste dito foro que seia tiuda et obligada de se viinir mostrar como he persona deste dito foro ante nos, o dito cabildo, ou ante nosos subçesores do dia que en el subçeder por persona fasta treynta dias primeyros segentes, so pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro se llo quiseren resçeber. Et acabadas as ditas personas que as ditas herdades et casares et bees sobreditos fiquen libres et quitas et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo et aniversarios, cuias son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Nuno Garçia, que presente estou asi resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, o dito foro para min et para as ditas minas personas, et obligo meus bees, mobles et rayses, et das ditas personas de o teer et gardar et conplir et labrar et pagar todo asi.

Et nos, o dito cabildo, asi bos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo fazer duas cartas de foro, anbas en un thenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, o dito Nuno Garçia, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Nuno Garçia, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo dentro en a dita yglesia et lugar, dia esta feyra, quatro dias do mes de desenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Johan Afonso, chantre; et Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes de Luases, mestrescola; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra; et Diego Vasques, et Johan Ares de Parrega, et Pedro Martines, Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, Afonso de Galdo, et Gomes Ferrnandes, canonigos et capitulantes; et Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos ditos aniversarios, que consenteu en este dito foro, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria a todo ho que sobredito he en uno con os ditos testigos et capitulantes presente foy, et este publico instromento de foro, segundo ante min pasou, con mina maao escripvi et en meu registro et protocolo sentey, et por ende fis aqui estes meus nome et signo acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.