instrucións
Esta ferramenta permite realizar buscas en cada unha das 
obras ou no 
conxunto do Catálogo de Gallaeciae Monumenta Histórica.
 
Os termos de busca han de ser 
proposicións simples, canto máis precisas sexan máis se optimizan os resultados da busca.
 
Pódese realizar a busca combinándoa cun 
rango cronolóxico para acoutar os resultados a unha paréntese de anos.
 
Os 
resultados listanse nunha 
páxina única. 
 
No 
comezo da relación estarán aqueles 
documentos que 
conteñen o termo de busca nos seus contidos. 
 
Na parte 
final, aqueles que conteñen o termo de busca 
nos metadatos cos que están relacionados con eses documentos.
 
Na relación de resultados, accionando a 
icona Ler, ábrese unha 
nova fiestra que mostra o 
documento íntegro.
 
Na 
parte superior hai 
tres utilidades para: 
 - poder copiar a ligazón do documento
- xerar un pdf do mesmo
-  para imprimilo.
 
Hai ademais dúas 
frechas de dirección que permiten ir ao 
seguinte resultado da listaxe de busca ou abrir o 
documento precedente.
 
Na 
columna da esquerda lístanse as 
diferentes posicións do termo de busca no documento e 
saliéntase o termo en todo o documento no corpo central da pantalla.
 
Adicionalmente, na 
columna da dereita despréganse un conxunto de 
metadatos que axudan a sistematizar os contidos de 
materia, as 
referencias onomásticas e 
toponímicas do documento. 
 
Estas relacións de 
metadatos son navegábeis de xeito que clicando sobre eles se mostran todos aqueles documentos nos que se fai referencia ao metadato seleccionado.
 
No 
ÍNDICE A-Z, pódese acceder a unha 
listaxe conxunta de metadatos de todos os libros do catálogo, preséntanse organizados alfabeticamente e segregados en materias (información temática), lugares (información toponímica), persoas (relación onomástica)  e outros elementos.