1382, febreiro, 1. Lugo
O bispo e a igrexa de Lugo afóranlles a Gómez Fernández e á súa muller e
a unha voz unha camareta próxima ao pazo de Suar e unha cortiña na
fonte de don Diego, por renda anual dun par de capóns.
Sabeam
todos commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la
gracia de Deus, obispo de Lugo, por nos et en nome da nosa iglesia
cathedral de Lugo damos aforo et avervo a vos Gomes Ferrnandes,
morador en Suar, et a vosa muller, Elvira Ferrnandes, et a huna
persoa qual o postrimeiro de vos nomear que seia semellavile de vos,
huna camareta que esta a par do paaço de Suar contra çima, et a
cortinna muradada que esta a a fonte de don Diego, que feso Gonçalvo
Osores, a a tal condiçon que vos et a dita vosa muller et a dita
persoa lavredes et paredes ben a dita cortinna, et mantenades a dita
camareta en boo estado, et dedes de cada anno de foro et renda dellas
a nos et a a dita nosa iglesia et a nosos susçesores hun par de
capoes por dia de Natal. Et se por ventura nos, o dito sennor obispo,
ou nosos susçesores quisermos faser pousa enno dito lugar hu esta a
dita camareta et cortinna que nos la desenbarguedes et o dito foro
seia nihun. Et vos, o dito Gomes Ferrnandes, et a dita vosa muller et
a dita persoa avedes a seer vasalos serventes et obidientes nosos et
da dita nosa iglesia et de nosos susçesores, et a pasamento de vos,
o dito Gomes Ferrnandes, et da dita vosa muller et da dita pesoa ha
de ficar a dita cortinna et camareta livres et quitas et
desenbargadas et ben paradas a nos, o dito sennor obispo, et a a dita
nosa iglesia et a nosos susçessores con todos los boos paramentos
que y foren feytos.
Et
eu, o dito Gomes Ferrnandes, por min et por la dita minna muller et
pessoa asy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito foro que nos
fasedes da dita camareta et cortinna, et obligo meus bees para faser
et pagar et comprir et guardar todo o que sobredito he. Et nos, o
dito sennor obispo, por nos et por la dita nosa iglesia asy vos-lo
outorgamos en testemoyo desto mandamos ende faser duas cartas en hun
tenor tal huna commo outra.
Que
foy feyta en Lugo, primeiro dia de fevreiro, era de mill et
quatroçentos et viinte annos.
Testemoyas:
Iohan Ferrnandes, clerigo de Valboa; Afonso Peres de Sant Lourenço
de Peyvaes; Johan Lourenço dos Ferreiros; Fernan Afonso de Suar, et
outros.
Et
eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo dito sennor
obispo, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et
por mandado do dito sennor obispo et a rogo do dito Gomes Ferrnandes
esta carta en minna presença fis escripvir, et puge y meu signal que
tal he en testemoyo de verdade. (+).