GMH/ÍNDICE A-Z

489
1346, setembro, 28. Lugo
Cláusula testamentaria de Dominga Pérez, que lega á igrexa lucense o quiñón dun muíño para a celebración do seu aniversario.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 51r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando Pérez: 1346-IX-28; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 51.

Eu Fernando Peres, notario publico por el rey ena çibdade de Lugo, con as testemoyas subescriptas, vi et lii hun testamento de Dominga Peres, dita cozineyra, signado con signal d’Areas Peres, notario de Lugo, enno qual se continna entrellas cousas que en el iazian escriptas huna clausulla feita en esta maneyra: «Item mando o meu quinon do moyno, que foy de Pedro Ferrnandes, a os aniversarios da iglesia de Lugo, et que me façan cada anno aniversario».

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, a pitizon do cabidoo desa iglesia et de mandado de Lourenço Peres et d’Afonso Ferrnandes, dito do Campo, exsecutores et herees da sobredita Dominga Peres, tirey esta clausula do dito testamento de vervo a vervo et escrivi no thenor sobredito.

Feyto foy esto XXVIIIº dias de setembro, era de mill et CCC LXXXª IIIIº annos.

Testemoyas: Johan Ferrnandes, raçoeyro de Lugo; Gonçalvo Peres, sacristan; Estevoo Martines, clerigo de San Pero de Portomarin ts.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, a esto que sobredito he presente foy et escrivi et puge y meu nome et meu signal.