GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

472
1394, febreiro, 9
foro

O cabido afóralle a Pedro Méndez e a Estevo Pérez unhas herdades para plantar viña, por sexta.

ACOu, Tenza, 34, (Sec. B, Leg. 39) pergamiño final

Sabbean quantos (...) d’Ourense (...) enna caustra nova (...) tes Ares Lourenço coengo (...) Damos et outorgamos a foro para senpre (...) fillo do dito Pero Meendez et a vossa moller (...) sua erdade de pam que vos ja de nos (...) de foro (...) de todo o viño (...) enna dita erdade de foro de quarta segundo que (...) dita igleia d’Ourense con outras cousas (...) demarcada sobre si enno logar que chaman (...) que vos en estes çinqo annos primeiros (...) viña todo (...) enna çarrada et demarcada (...) mo a deus a dita viña que asi avedes de poer (...) da outra que asi está posta foro de sesta. Et (...) ditos çinqo annos daredes de toda a dita viña, asi da que está feita commo da que avedes de poer et faser (...) sesta parte de todo viño et conposta que deus der ennas ditas viñas, conposta enna viña et viño enno lagar \+/ ao qual avedes de proveer de comer et de beber comunalmente en mentre collerdes vosa novidade. Et do al que ajades a dita viña çarrada et demarcada commo ora está de disemo a deus livre et quite de todo outro enbargo et carrego alguun. Et he posto que se vos o dito Pero Meendez et Estevon Peres et vossa moller et vosas voses et erdeiros quiserdes vender, deitar ou subpenorar esto que vos asy aforamos commo dito he que primeiramente frontedes con elo a nos o dito cabidoo et nolo dedes por lo justo preço que vos outre por elo der, et non o querendo nos por ese preço reçeber entom vendede, deitade ou subpenorade a tal persona que seia semellavel de vos et non mayor, que lavre et pare bem et conpra et agarde todas las cousas et condiçoens desta carta et cada huna delas. Et he posto que se contenda recleçer ontre nos o dito cabidoo et vos os sobre ditos Pero Meendez et Estevon Peres et vosa moller et vosas voses et erdeiros sobre rason desto que vos asi aforamos que se termine a dita contenda por dous ommes boons de nos o dito cabidoo tomados a plaser das partes, toda outra appellaçon remota. Aynda he posto que por esto que vos asi aforamos commo dito he non posades vos nen vosas voses et erdeiros faser manda nen oniversario a outra igleia nen moesteiro nen santuario alguun sacado a nos o dito cabidoo. Aynda he posto que vos os sobre ditos et vosas voses et erdeiros non seiades ingratos nen desconosçidos contra nos o dito cabidoo nen contra alguun de nos del. Et nos o dito cabidoo obrigamos los beens da nossa mesa para anparar et defender a dereito a vos o dito Pero Mee[n]dez et Estevon Peres et vossa moller et vosas voses et erdeiros con esto que vos asi aforamos commo dito he. Et nos o dito Pero Meendez et Estevon Peres que somos presentes por nos et eu Estevon Peres \por/ la dita miña moller que non he presente et por todas nosas voses et erdeiros asi reçebemos de vos o dito cabidoo a[s] sobre ditas cousas aforadas porla maneira et condiçoens que sobre ditas som, et obrigamos todos nosos beens moveles et raises gaanados et por gaañar para poer a dita viña et lavrar et parar ben et conprir et agardar todas las cousas et condiçoens que en esta carta son escriptas et contiudas et cada huna delas. Et he posto penna ontre as ditas partes que qual quer que contra esto pasar et o non conprir et agardar que peite a parte agardante por nome de penna et interese çen mor. de diñeiros brancos, et a dita penna e interese pagado ou non esta carta et todo o en ela contiudo fique firme et valla para senpre. Feita foy et outorgada esta carta enno dito cabidoo, nove dias do mes de fevereiro, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill et tresentos et noveenta et quatro annos. Testimoyas que presentes foron Ares Fernandes chantre, Gil Rodrigues mestrescola, Fernan Peres abbade da Trindade, Martin de Montes et Bertolameu Peres, Martin Gestosa, Diego Fernandes, Pero Fernandes, Afonso Fernandes, Gonçalvo Anes, Ares Lourenço, Meendo Ares, Gomes Peres coengos d’Ourense.

+ a qual avedes de coller por nosso omme ou do que por nos tever o nosso couto de Noalla.

Et eu Estevon raçoeiro enna igleia d’Ourense, notario et chançeller da dita igleia d’Ourense, notario et chançeller da dita igleia et çidade de Ourense que de este aforamento que sobre dito he foy çerto que pasara asy por Lourenço Martines coengo da dita igleia, notario apostolico meu escusador que pasara asi todo commo sobre dito he, et depois foy çertificado porla mayor parte dos coengos et personas da dita igleia que y som mansionarios, que me disseron que feseran o dito aforamento con as condiçoes sobre dito. Et por ende esta carta escripvi commo chançeler et aqui meu nomme et signal puge en testimoyo de verdade rogado et requerido. Eu notario aprobo a clausula que iaz en fondo desta carta que se começa ‘a qual avedes de coller por noso ome’, que a de iaser aos qatorse regloes hu jaz huna + et non enpeesca aos trinta regloens a glosa que diz ‘por’ que eu notario o aprobo. Stephanus Petri.

(sinal)

Stephanus Petri