GMH/ÍNDICE A-Z

859
1383, febreiro 1. Lugo
Xoán Pérez e o seu irmán Fernando dóanlles ao bispo e á igrexa de Lugo todas as súas propiedades en Vilacorbe, freguesías de San Martiño de Folgosa e San Pedro de Coto.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 9r.

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fol. 232v.

Sabam quantos esta carta viren commo nos Johan Peres et Fernan Peres, yrmaos, fillos de Fernan Romeu et de Marina Peres que foron de Vila Corve, que he en terra de Felgosa, de nosa propia voontade damos en doaçon pura et firme para senpre jamays por jur de herdade por amor de Deus et rimiimento de nosos pecados a vos, o moyto onrrado sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a vosa iglesia, todos los herdamentos et casas et beens rayses foreyros que nos avemos et nos perteeçen por parte dos ditos nosos padres et madres enno dito lugar de Vila Corve et en seus terminos, sub signos de Sant Martino de Felgosa et de Sant Pedro de Coto, et damosvos-la con todas suas dereyturas et pertenenças et casas et arvores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaan sub os ditos signos, et por esta presente carta poemos et traspasamos d’aqui adeante o jur et posison et propiadade et senorio et dereyto et abçon que teemos et avemos et nos perteeçe et deve perteeçer et deve perteeçer (sic) dos ditos herdamentos et beens en vos, o dito sennor obispo, et en vosa iglesia et en vosos susçesores para senpre, et tiramos ende a nos et a nosa vos, et se d’aqui endeante usarmos delles ou de parte delles conosçemos que os usamos et porsuymos por vos et en voso nome et da dita vosa iglesia precario; et damos-vos todas las abçoes et dereytos et sennorios utiles et directas que nos perteeçen en qualquer maneyra et por qualquer rason ennos ditos beens, et que os posades reçeber et entrar et demandar et defender por vos et por outre et faser delles et en elles todas las cousas et cada huna delas que verdadeyro sennor et proprietario pode faser et diser et que nos mismos fariamos et poderiamos fazer ante desta doaçon, et constituyivos en ello por procurador commo en vosa cousa propia, et prometemos por solempne et firme stipulaçon de aver por grata et firme et valedeyra esta doaçon de nunca a revogar, nen alegar, nen poer contra ela ingratedue, nen grandesa inmensa de doaçon, nen que non foy insignuada, nen outra exçepçon nen rason alguna porque esta dita doaçon posa ser atinuada ou desatada en todo ou parte, et para todo esto que dito he mellor teer et cumprir et gardar fazemos juramento a Deus et a os seus santos evangeleos, que corporalmente tangemos con nosas maos, que nunca contra esta doaçon venamos, nen pasemos en todo nen en parte por nos nen por outren en juyso nen fora del, et se tentaremos de o fazer que non nos valla nen seiamos sobre elo oydos et fiquemos por el perjuros et infames, et esta doaçon fique firme.

Et nos, o dito sennor obispo, por nos et por la nosa iglesia sobredita et por nosos subçesores asy a reçebemos de vos, os ditos Johan Peres et Fernan Peres, a dita doaçon que nos fazedes. Et nos, os ditos Johan Peres et Fernan Peres, asy vosla outorgamos et obligamos nosos beens para vo-la fazer senpre de paz. Et que esto seia çerto nos os sobreditos rogamos a Pedro Rodrigues et Afonso Touron, notarios publicos de Lugo, que fezesen ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, primeyro dia de fevreyro, era de ill et quatroçentos et viinte et hun annos.

Testemoyas: don Johan Afonso, dayan de Lugo; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Ares Peres, arçidiago de Deçon; Roy Lopes d’Aguiar, Pedro Afonso de Sande, Johan Ares de Felgosa, clerigo, et outros.

Et eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con o dito Afonso Touron, notario, et con as ditas testemoyas presente fuy et vi a os ditos Johan Peres et Fernan Peres fazer o dito juramento, et a seu rogo esta carta en minna presença fis scripvir et puge y meu signal.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo por la actoridade do dito sennor obispo dese lugar, a todo esto que sobredito he con o dito Pedro Rodrigues, notario, et con as ditas testemoyas presente foy, et vi a os sobreditos faser o dito juramento, et a seu rogo esta carta en minna presença fis scrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.