GMH/ÍNDICE A-Z

167
1317, maio, 15. Lugo
O deán e o Cabido outórganlles a Xoán Fernández e á súa muller un terreo próximo á súa casa por tres soldos anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 57r.

Era de mil et CCC Lª V annos, XV dias de mayo. Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayam et cabidoo de Lugo, seendo aiuntados no coro desse lugar, por canpaa tanguda commo he de custume, damos a vos, Iohan Fernandez et a vossa muller Tareiya Miguelez, moradores en Burgo Novo, por jur de jerdade para senpre, hun terreo que iaz, a par da vossa cavalariça, contra o vosso saydo das casas en que vos ora morades. Et avedesnos a dar para senpre cada anno por esta doaçon, por dia de San Johan Babtista, tres soldos que façen quatro dineiros novees, desta moneda blanca del rey don Fernando que agora corre ou a valia deles. Et nos os ditos, Johan Fernandez et Tareyia Miguelez, assy o outorgamos, et mandamos, et asignamos que vos lo cabidoo sobredito aiades estes ditos dineiros commo sobredito he pe-las nossas casas da Lagoa que som dentro na cidade de Lugo.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantre; don Iohan Beserra, juys, et o archidiacono, Maestre Afonso, et outros do cabidoo.

Affonso Perez, notario publico de Lugo, por mandado do cabidoo notuit.