GMH/ÍNDICE A-Z

478
1345, setembro, 12. Lugo
Cláusulas testamentarias de don Afonso Eanes, tesoureiro de Lugo, polas que lle lega ao Cabido diversas rendas para aniversarios e procesións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 47v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando García: 1345-IX-12. Libros, lib. 6289.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Fernando Garçia, notario publico de rey en Lugo, vi et ley o testamento de dom Affonso Eanes, thesoreyro que fuy de Lugo, qual era scripto por mina mao et sinnado con meu signal, eno qual testamento entre las otras coussas se continnan estas clausulas que se siguen: «Item mando que me digan cada anno por senpre hun anal de missas de sacrifiiçio con oras de mortos et metan y Vaasco Peres et meu padre et minna madre, et que o façan diser por los fruytos do meu cassal de Marçelle et das herdades que eu aio en Giae, asy de patrimonio commo de compras et de guaanças, et por estas herdades de que eu leyxo a Lopo Affonso o husso fruyto, commo dito he, que se iunten todas a sua morte para conprir esto. Et esto mando que cunplan Lopo Domingues, et faça cumplir a os que ficaren en ello, et non no comprindo que o thesoreyro, que for de Lugo, que os possa vissitar et constrenger, segundo Deus et sua alma, que o cunplan, et rogolle que o queyra faser por sua alma et que aia parte da oraçon que se aly feser. Et se y tanto non ouver por que digan o dito anal que o façan diser segundo a quantia que y ouver de cada anno mays ou minos. Et este anal que o digan na villa ou fora commo acaesçer tanto que seia presentado a home de boa fama. Item mando a Lopo Affonso, meu criado, toda a herdade que eu aio arredor da villa de Lugo, que a tenna en sua vida et aia o husso fruyto dela, et a sua morte que fique para se dar por ella algunas cousas que eu mando dar a pobres, ou dar por missas ou anaes asy commo se adeante recontara, et se lle esta manda non posso mandar et el non poder aver de dereyto mando que se torne en Lopo Domingues, meu sobrino et meu herel, que a aia. Item mando a Diego, fillo de Marina Affonso, si lla posso mandar ou a el pode aver de dereyto, a herdade que eu comprey de Fernando Peres de Paes et de Domingo Peres das Cortinnas con seu gaanado, por tal condiçon que viva por ella et se morrer sen semede, que seia legitima, que esta herdade que se torne con estas outras do anal que o façan diser cada anno, et mays quanto y ouver, tomando o que procurar et vir et visitar, cada anno, des moravedis para calças por seu traballo. Et se o dito Diego non podese aver esta manda de dereyto mando que se torne eno dito Lopo Domingues que a aia commo se susso conten. Item mando que o cabidoo et clerigos da iglesia de Lugo me façan huna proçisson cada anno por dia de San Martino, et logo en outro dia de San Martino ou en outro dia seguente, se aquel for de neçesidade, hun aniversario con missa cantada, et mandolles por ende quinse moravedis, et mando que os aian cada anno por las cassas anbas de rua Nova, en que mora Lopo Peres et Fernando Ferrnades, meu cunado, et por la cortinna do Merleu. Et este dia aquel que tever as cousas sobreditas dia ben de comer a tres pobres. Et non façendo esto cada anno avendo enbargo algun enna iglesia, porque se non possa ou non queyra faser, mando cada que o assy non conpriren, por lo anno et dia sobreditos, que den os ditos quinse moravedis a pobres vergonçossos en pan et en vinno et en carne aquel dia a aqueles que viren que o an mester et que os abastara, et que Maria Eanes, muller de Affonso Merchan, seia amentada no aniversario commo eo quando fenesçere. Et esto que o cumpla Lopo Domingues et tenna as cousas sobreditas en sua vida, et a sua morte que as leyxe a hun propinco do linagen, que el vir que he para ello, et que seia quantiosso, et se o non for que de fiadores que o cumplan assy commo dito he. Et esto mando en carrega et consçiençia do sobredito thessoreyro, que for, que o veia por sy ou por homme digno segundo sua alma, que seia por carregar sua consçiençia.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, trasladey as ditas clausulas do dito testamento en este livro do cabidoo por mandado et autoridade de don Pero Iacome, iuyz de Lugo, et puge y meu signal.

Que foron tiradas do dito testamento XII dias de setenbre, era de mill et CCC LXXXª et tres annos.

Testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Aras, mestrescola, et outros muytos que viron o dito testamento.