GMH/ÍNDICE A-Z

548
1349, decembro, 11. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao arcediago de Sarria, don García Díaz, durante a súa vida, a metade do casal de Aveledo, en Santa María de Bóveda, por renda anual de 20 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 66v. Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 66.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo de Lugo seendo iuntados en cabidoo por campaya taniuda no coro desa iglesia, con outorgamento de Iohan Ferrnandes, coengo, vigario de don Diego Ferrnandes, dayan de Lugo, avervamos a vos don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea, por en todos vosos dias, a meatade do casal de Aveledo que he da amistraçon do mes d’outubre, con suas pertenenças et dereyturas. Et vos avedes a faser lavrar et parar ben as herdades del et manteer las cassas en boo estado, et dardes, cada anno, del en salvo por dia de San Miguel, XX moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Afonso, a o amiistrador do mes de outubre, et non vos avedes atender a lavrar no monte contra Coeu salvo ata o lugar ut ora estevo a sebe. Et este vervo sobredito vos fasemos por la dita quantia por quanto non achamos quen nos por el tanto de, nen mays ca vos.

Et eu, o dito arçidiago, asy reçebo de vos, lo dito cabidoo, a dita renda da dita meatade do dito casal, et obligo todos meus beens para pagar os ditos XX moravedis, cada anno, commo dito he. Et que esto seia çerto nos las partes sobreditas rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que feçesse ende esta carta.

Que fuy feyta enno dito lugar XI dias de deçembro, era de mill et CCC LXXXª et sete annos.

Et foron presentes et testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Dias, iuys; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Thomas Gomes, coengos de Lugo; Afonso Peres Janeyro, clerigo, ts.

Et eu Fernado Garçia, notario iadito, presente fuy et fis scripvir et puge y meu signal.