GMH/ÍNDICE A-Z

1184
1468, abril, 22. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Afonso, á súa muller e a tres voces unha casa en Burgo Novo, freguesía de Santiago, por renda anual de trinta marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 37 v.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabido por son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, en a dita iglesia dentro en a Capela de San Bertolameu, avido primeiramente noso acordo et madura deliberaçon entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos en foro a vos Fernando Afonso, pedreyro, vesino de Lugo, et a vosa muller, Ignes Afonso, por vosas vidas de anbos et de dous et de outras tres personas despois de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear et outra qual nomear aquella persona que por lo postremeyro de vos for nomeada, et asi de grado en grado ata que se cunplan as ditas tres personas despois de vos, et non seendo nomeada persona que seia persona do dito foro quen herdar os beens de aquella persona ultima ou a mallor parte delles, a nosa casa de Burgo Novo que foy de Ruy Domingues, çapateyro, con seu orto, a qual he sita et locada en esta çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, sub o signo da Capella de Santiago, et esta sita a par da casa de Fernan da Bayla de huna das partes, et da outra esta en par con outra casa que foy do dito Ruy Domingues, et topa en a rua publica, et da outra parte topa en o dito orto da dita casa, a qual dita casa vos aforamos et damos en foro, segundo dito he, segundo ella a nos perteesçe con o dito orto et con todo aquello que a ella perteesçe et a nos por rason della, et con todas las entradas et saydas et cousas a ello perteesçentes, a tal pleyto et condiçon que vos, o dito Rodrigo Afonso, et vosa muller et vosas personas tenades a dita casa levantada, cuberta et ben reparada en vosas vidas, et que a a morte da postremeyra persona do dito foro que asi fique reparada a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores libre et desenbargada; et dedes della de foro vos et as ditas persoas despus de vos, en cada hun ano, a nos ou a noso moordomo et recabdador dos nosos aniversarios trinta maravedis de longos por dia de San Martino de novembre, postos en pas et en salvo en esta dita çiudade de Lugo, et que cada huna das personas que suçederen en o dito foro despus de vos, o dito Rodrigo Afonso, et vosa muller, Ignes Afonso, que do dia que suçeder por foreyra do dito foro ata trinta dias primeyros siguentes se vena mostrar et nomear en noso cabidoo por foreyra del et nos lo vena insinuar, sub pena que se o asi non feser que por esse mesmo feyto perga o dito foro.

Et nos, os ditos Rodrigo Afonso, asi reçebemos o dito foro da dita casa de vos, o dito cabidoo, por los modos et maneyras et condiçoes susoditas, et nos obligamos et a nosos beens de conplir, teer et gardar todo asi segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro ambas en hun tenor por lo notario juso escripto huna para vos, o dito Rodrigo Afonso, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Rodrigo Afonso, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar sobreditos, dia esta feyra, viinte et dous dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes: Gonçalvo Peres de Carvallido de Sarrea, Gomes Garçia de Goyoso de Deçon, arçedianos; Ruy Lopes, liçençiado, juys; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Johan Ares, Diego Fernandes, Diego Vasques, Pedro Meendes, Diego Gonçalves de Fonteyta, Ruy Dies, et Gomes Ares, coengo da dita iglesia de Lugo.