GMH/ÍNDICE A-Z

1322
1480, febreiro, 7. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Teresa González e a dúas voces a herdade de Santa María nas freguesías de San Xullao de Mos e San Pedro de Taboi, máis unha leira na agra da Porta freguesía de San Pedro de Mos, por renda anual de vintecinco marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 63 r.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que avaixo seran nombrados, seendo juntos en cabildo dentro en a dita iglesia çerca da porta por donde soben a as bovedas, aforamos et damos aforo et averbo a vos Tereyia Gonçalves, muller que fostes de Pedro Dias Raposo, et a outras duas personas despois de vos, una qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamento, et a outra que seia aquela que nomear asimesmo aquela que por vos for nomeada, et si non for nomeada que seia persona deste foro quen erdar vosos bees de dereyto, et asi da outra persona. Conben a saber que vos aforamos toda a erdad chamada de Santa Maria que esta iglesia de Lugo et aniversarios dela an et lles perteesçe en as fiigresias et su os signos de San Jullaao de Moos et de San Pedro de Tavoe, et con as ditas erdades vos aforamos mays una leyra de erdade que ias en a agra da Porta, su o dito signo de San Pedro de Moos, que os ditos aniversarios teen et lles foy dado et enparçado por Juan Arias de Santa Alla et por sua muller, Costança Rodrigues, et leva medea teega de semente. As quaes ditas erdades vos damos et aforamos, como dito he, a vos et as ditas duas personas despois de vos con todas suas entradas et saydas et jures et pertenesças et segundo que a nos et a os ditos aniversarios desta iglesia pertesçen et perteesçer deven en qualquer maneyra et por qualquer rason. Et avedes de faser labrar as ditas herdades et teerlas senpre labradas et sacar de monte et de [...] as que i iasen donde sacaren os outros vosos vesinos que seian sen maliçia. Et avedes de dar et pagar de foro et çenso et penson, en cada ano, vos et as ditas personas despois de vos viinte et çinquo maravedis de moeda vella et de longos a o colledor das rentas et aniversarios da dita iglesia, et avedeslos de pagar, en cada un ano, en esta çiudade de Lugo por cada dia de San Martino de nobenbro, so pena que se o asi non feserdes, et pasaren dous anos que os non paguedes, que perdades este dito foro se vos lo quiseren reçeber. Et que asimesmo que cada persona, que despois de vos suçeder en este foro, que seia tiuda et obligada de se viir mostrar et presentar ante nos, ou ante nosos suçesores, do dia que for nombrada por persona fasta trinta dias primeiros seguentes, so pena de o perder. Et que non possades nombrar por perssona ome mays poderosso que vos. Et que acabadas las ditas perssonas que as ditas erdades fiquen libres et quitas et desenbargadas et labradas a os aniverssarios desta iglesia, cuios son, con todos los boos paramientos que en elas foren feytos.

Et eu, a dita Tareyia Gonçalves, que presente estou por min et por las ditas duas personas et por los ditos veynte et çinquo maravedis vellos de longos, en cada ano, pagos a o dito plaço, et con todas las outras condiçoes assi reçebo de vos, os ditos senores do dito cabilldo, este dito foro et obligo a min et a meus bees et das ditas minas personas de conprir, labrar et atender et pagar todo assi.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos et para [...] mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en un thenor una para vos, a dita Tereyia Gonçalves, et vosas personas et outra para nos, o dito cabilldo, et aniverssarios desta iglesia, et a vosa carta que seia seelada con noso seello pendente et se o non for que non valla.

Que foy feyto et pasou todo o sobre (sic)  dentro en a dita iglesia de Lugo, a septe dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta anos.

Foron presentes a outorgar este foro: don Juan Afonso, chantre; et don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et don Gomes Garçia, jues; et don Gomes Arias, thessoreiro; et Juan Arias de Parga, et Pedro Meendes, et Pedro de Mera, et Rui Dias de Freyxo, et Gomes Ferrnandes, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Juan Arias, et Afonso Fernandes, raçoeyros; et Ruy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos aniversarios, et Gomes Dourado, clerigos do coro da dita iglesia, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo lo que sobredito he en uno con os ditos testigos et capitulantes presente foy, et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et por ende fize aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.