GMH/ÍNDICE A-Z

293
1348, abril, 26
arrendamento

Inés Pérez, monxa do mosteiro de Ramirás, arréndalles en vida súa a Lourenzo Iáñez, zapateiro, e á súa muller, Mariña Afonso, catro leiras de viñas, tres en Papón, foreiras de cuarta, e a outra na Cuíña, foreira de terza, por 13 libras por Nadal e un par de zapatos.

ACOu, Clérigos do Coro, 74

Sabean quantos esta carta viren que eu Eynes Peres filla de Johan Peres Feyioo e dona do moesteiro de Ramyraens, arrendo a vos Lourenço Anes çapateiro morador em Ourense na rua dos Çapateiros e a vossa moller Marina Affonso que non he pressente em toda miña vida tam solamente e mays non quatro leiras de viñas que eu ey em termio d’Ourense, das quaes ende iazen as tres em Papon e a outra na Coyña, as quaes vos ia tiinades e lavradas. Arrendovos as ditas viñas por tal condiçon que as lavredes e paredes bem em maneira que non defalescam por mingoa de lavor e de boon paramento e pagedes das viñas de Papon foro de quarta ao senorio e da viña da Cuyña foro de quinta ao senorio e dizimo a deus, e dedes ende a min cada anno por dia de Natal, novidade alçada, trese libras de brancos desta moeda que agora corre de que contan quareenta pares por tres libras et huun par de çapatos, pero que me devedes a pagar desta novydade que ora ven a dita renda por dia de Sam Martiño de novenbro primeiro que ven et dally endeante cada anno a dita renda polo dito dia de Natal. Et averdes do al as ditas viñas livres e quites de todo outro enbargo. Et eu obligo todos meus beens para vos anparar a dereito con as ditas viñas segundo dito he. Et eu o dito Lourenço Anes por min e polla dita miña moller que non he pressente assy reçebo arrendado de vos a dita Eynes Peres as ditas viñas, et para lav[r]armos e pagarmos e conprirmos e agardarmos esto que sobre dito he obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posta pena entre nos as partes que qual quer de nos que contra esto passar e o non conprir e agardar que peite aa outra parte que o conprir e agardar quisser por nomme de pena çen mor. de brancos e a pena pagada ou non esta carta e renda fique firme e valla segundo que dito he. Feita a carta em Ourense, viinte e seis dias dabril, era de mill e trezentos e oyteenta e seis annos. Tests. Fernan Garçia ourives, Johan Fernandes e Fernan Lourenço omes de dom Pero Suares dayan d’Ourense, Johan Domingues escrivan, Johan Peres dito Sollas moradores na rua dos Arçidiagos.

Et eu Gomes Peres notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fis escrivir e meu nome e signal y fis que tal he.

(sinal)