GMH/ÍNDICE A-Z

133
1433, decembro, 28

Gonçalvo Garcia de Liñares declara que ten en depósito, de Pero de San Antón e da súa muller, 530 mrs.

(f. 63 v)

Ano et dia suso dito. Sabean todos que eu Gonçalvo Garçia de Lynares, morador ẽno couto do moesteiro de San Juan de Poyo, que soo presente, outorgo et conosco que teño en meu poder en garda et deposito, de vos Pero de Santo Anton et de vosa moller Elvira Nunes, besiños da villa de Pontevedra, que sodes presentes, conven a saber: quinientos et trinta mrs. de moeda bella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos quinientos et trinta mrs. da dita moeda eu asi de bos resçebi ẽna dita garda et pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade sen mingoa algũa; et renunçio a ley de non numerata pecunia et a toda outra exençon et ley et dereito que nunca ende diga o contario em juiso nen fora del, et seo diser que me non valla; et os quaes ditos quinentos et trinta mrs. da dita moeda, que asi eu de vos resçeby ẽna dita garda et deposito, vos prometo et outorgo de da et pagar doje este dia endeante aa vosa voontade, segundo et cada que mos vos pedirdes et demandardes, aa boa fe de Deus et sen mao engãno et por mĩ et por todos meus bẽes movles et rayses, os que oje este dia ey et ouver de aquel endeante, que vos a elo obligo, et so pena de caer et encorrer en aquelas penas estabelesçidas en dereito en que caen et encorren aquelas personas que resçeben et teen gardas deposito de algũas personas et llas denegan et non llas dan logo quando et cada que llas demandan et, a pena pagada ou non, esto como dito he este firme en sua revor. Et eu o dito Pero de Santo Anton et Elvira Nunes, mĩa moller, que somos presentes, asi o resçebemos. Feita a carta na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes, Ruy (...?) clerigo, Fernan Lopes, alfayate, Juan de Deus, barveiro, moradores na dita villa de Pontevedra et outros.

(aquí continúa a escritura 135 que comeza no f. 65)

foy et o escripvy et aqui meu nome et signal poño, que tal he, en testemoyo de verdade.

Et despois desto, trese dias do dito mes de fevereiro, era sobre dita, en presença de mĩ notario et testemoyas adeante escriptas, o dito Juan d´Eyras, contiudo en este dito contrabto suso escripto, meteu ẽno jur et posison da dita metade de casa ẽno dito contrabto escripta a Afonso de Louriña, çapateiro, procurador da dita confraria, en nome da dita confraria et para ela, et diso que queria et outorgava, et quiso et outorgou, que a dita confraria et confrades dela ouvesen et herdasen a dita metade da casa segundo et por la via que lla el avia dado et se ẽno dito contrabto de doaçon contiña. Et logo o dito Afonso da Louriña entrou dentro ẽna dita casa et poso fora dela a Pero de Millan çapateiro, morador dela, et fechou as portas da rua dela et entregou a chave das ditas portas da rua ao dito Pero de Millan para que ficase por la dita confraria et confrades dela ẽna dita metade de casa, a qual dita chave o dito Pero de Millan asi resçebeu deo dito Afonso da Louriña, presente o dito Juan d´Eiras que o consinteu et outorgou asi, et demas prometeu o dito Pero de Millan de recudir con os ditos dez mrs. aa dita confraria et confrades dela cada ano ẽno tenpo que morase ẽna dita casa en vida do dito Juan d´Eiras, et a qual posison da dita metade de casa o dito Afonso da Louriña, en nome da dita confraria et para ela, asi resçebeu a jur de pas et sen enbargo algũu. Testemoyas que foron presentes, frey Afonso d´Andamoyo et Fernan de Deça, çapateiro, et Juan Fernandes, criado do abade de Sayoane, et outros.

Feita.