GMH/ÍNDICE A-Z

850
1382, marzo, 10. Lugo
O Cabido de Lugo comprométese a dar 150 marabedís a García López, cebadeiro do bispo, para que faga cuartos nunha casa que só ten as paredes. Dedúcese que a devandita cantidade non se paga no acto, senón que resultaría de condonarlle durante quince anos a García a renda anual de 10 marabedís pola casa que debe construír e por outra casa que ten aforada do Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 23r.

Era de mill et quatroçentos et viinte annos, des dias de março.

Sabeam todos commo nos o cabiidoo da iglesia de Lugo estando juntados en cabiidoo enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, con outorgamento de don Johan Afonso, dayan, que he presente et outorgante fasemos pustura et avenença convosco Garçia Lopes de Costante, çevadeyro de noso sennor obispo, que estades presente en esta maneyra, conven a saber que vos avemos a dar çento et çinquaenta moravedis longos por rason que vos nos dedes et leyxedes pousas ennas paredes da casa que vos ora queredes faser a par de huna praça que he nosa et desta nosa iglesia, para quando nos ou aquel que a de nos gaanar en ela quiser lavrar, et que nos fiquen desenbargadas as ditas pousas ennas ditas paredes da dita vosa casa para quando compriren a a dita nosa praça et para o lavor dela, os quaes çento et çinquaenta moravedis vos logo pagamos en esta maneyra, queremos et outorgamos que os des moravedis longos que nos vos avedes a dar et pagar de cada hun anno os çinquo por la casa en que morades, et os outros çinquo moravedis por outra casa que de nos teedes afforada, que esta enno carril a par da casa en que ora mora Fernan Peres, notario, que os aiades et tomedes por tempo de quinse annos primeyros seguentes, que montan asy ennos ditos quinse annos os ditos çento et çinquaenta moravedis dos quaes vos damos por livre et por quito a vos et a vosa vos para senpre, et prometemos de vos-los non demandar en estos ditos quinse annos.

Et eu, o dito Garçia Lopes, que estou presente por min et por minna vos asy outorgo esto que dito he, et prometo de o teer et comprir en todo.

Feyta a carta en Lugo enno dito coro da dita iglesia, era et dias sobreditos.

Testemoyas: o dito dayam; don Gonçalvo Yanes, chantres; dom Pedro Arias, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomes, thesoreyro; don Tomas Gonçalves, juys; Fernan Peres, et Afonso Fernandes, et Roy Lopes, coengos; et Lopo Peres, porteyro do dito cabiidoo; et Arias Ferrnandes, scripvan, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et aqui puge meu signal.