GMH/ÍNDICE A-Z

H16
1435, decembro, 9
Os xuíces ordenan a prisión de Xoán de Arzúa por demanda de Xoán Fernández, quen pagou por el 142 mrs. ao recadador Iudá Pérez, mentres que aquel lle reclama a el un cobertor. (fol. 6)

Joan Fernandes.

En este dito dia Joan Fernandes tomou testemoyo contra os ditos juises que prendesen a Joan d’Arçua por que lle devía CXLII.- que pagou por el a Yuda Peres e de XX.- de talla, et o dito Joan d’Arçua demandou a el hun alfamare et que estevera con el huna coreesma a XXX.- cada mes e de todo que o non contentara, e o dito Joan Fernandes diso que lle dera huna saya e que o tina pago, e os ditos juises diseron que se fose a cadea o dito Joan d’Arçua et mandaron a Joan Fernandes que para a vespera trouxese a conta ontre elles e o alfamare e o elles veeren ontre elles, sopenna de o soltaren.