GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

847
1382, xaneiro, 13 luns. Lugo
Os habitantes do couto de Lugo comparecen ante o bispo para que os absolva da excomuñón e prométenlle fidelidade.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 34r.

Era de mill et quatroçentos et viinte annos, lues trese dias do mes de janeyro.

Ante de jantar estando ennos paaços do onrrado sennor don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo, enna dita çiudade de Lugo ante o dito sennor obispo en presença de min Afonso Touron, notario publico ennas suas abidiençias et coutos et lugares de sua iglesia, et das testemoyas subscriptas paresçeron Fernando Peres de Meeda, et Gonçalvo Ferrnandes, et Lopo Afonso, et Fernan Peres de Gondin, et Afonso Fernandes de Çima de Villa, et Lopo de Bobeda, et Afonso de Bobeda, yrmaos, et Pedro Fernandes de a Pereyra, et Afonso Rodrigues da Torre, et Rodrigo et Afonso Fernandes de Barbeyn, et Jacome Peres de Quintela, et Pedro de Montemayor, et Afonso Rodrigues de Abrea, et Nuno Gonçalves de Quintian, et Fernando de Sant Martino, et Aras Afonso de Sande, et Rodrigo de Fontenova, et Rodrigo Eanes, morador a a iglesia de Labea, et Afonso Peres de Roças, et outros algunos moradores ennos couto de Lugo deste cabo agoa, os quaes veeran ante o dito sennor obispo a pedirlle merçee que os absoltase de escomonyon mayor que en elles encorrera por alguos levantamentos et injurias et conspiraçoes que feseran por mingoa de saber et con sinplesidade contra el et contra sua iglesia, estes sobreditos todos concordantes a huna vos disseron que elles confesavan et outorgavan que foran senpre ata aqui et eran et serian d’aqui endeante vasalos da iglesia de Lugo et do dito sennor obispo et de seus subsçesores, segundo lle foran dados et obligados por privillegios dos enperadores et reys que foron en Castela et en Leon, et conffirmados por privilegios et sentença de nosso sennor el rey don Johan, que Deus mantenna, et que prometian de guardar et comprir d’aqui endeante a a dita iglesia et a o dito sennor obispo et a seus subçesores todas las cousas et cada huna delas que vasalos boos et leaes deven agardar a sennor, et de nunca yr contra ella nen contra o prelado della por sy nen por outren en alguna maneyra, ante que guardase et comprisen en todo tempo en quanto vivesen et morasen en seu couto et sennorio todas las coussas que lles por el et por seus subsçesores fosen mandadas et encomendadas. Et desto en commo pasou o dito sennor obispo pediu a min notario testemoyo.

Testemoyas que estavan presentes: Affonso Lopes d’Aguiar; Rodrigo Eanes de Burela; Lopo Afonso do Campo; Jacome Çerdeyras; Gonçalvo Peres Moreyra, notario; Fernando Peres, fillo de Pedro Andreu; Pedro Fernandes, clerigo de Benade; Fernando Afonso, clerigo de Belmonte; Gomes Ferrnandes de Reçemir, clerigos; Alvar Peres das Ribeyras; Affonso Peres, clerigo, camareyro; Ruy Gonçalves de Goyos, et outros moytos.

Et eu Afonso Touron, notario publico en casa do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a pitiçon do dito sennor obispo este testemoyo scrivi et puge en el meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

absolución; alimentos; camareiro; comida; concello; confirmación; couto; crego; delito; escudeiro; excomuñón; familia; fidalgo; irmán; mercé; notario; pazo; perdón; privilexio; rei; río; señor; vasalo; violencia; xurisdición; bispo

Persoas

Afonso de Bóveda; Afonso Fernández de Barbaín; Afonso Fernández de Cimadevila; Afonso López de Aguiar, fidalgo; Afonso Pérez de Rozas; Afonso Pérez, crego; Afonso Rodríguez da Brea; Afonso Rodríguez da Torre; Afonso Tourón, notario; Álvaro Pérez das Ribeiras; Ares Afonso de Sande; Fernando Afonso, crego; Fernando de San Martiño; Fernando Pérez; Fernando Pérez de Gudín; Fernando Pérez de Meda; Gómez Fernández de Recimil, crego; Gonzalo Fernández; Gonzalo Pérez de Moreira, notario; Lopo Afonso; Lopo Afonso do Campo; Lopo de Bóveda; Nuno González de Quintián; Pedro André; Pedro de Montemaior; Pedro Fernández da Pereira; Pedro Fernández, crego; Roi de Fontenova; Roi Eanes; Roi Eanes de Burela, escudeiro; Roi Fernández de Barbaín; Roi González de Goias; Xácome Cerdeiras; Xácome Pérez de Quintela; Xoán I, rei de Castela; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Castela, reino; Lugo, concello; Lugo, bispado

Lugares

Abrea; Aguiar, terra, antiga xurisdición; Barbaín; Belmonte; Benade, Santo Estevo; Bóveda; Burela, Santa María; Castela, reino; Cerdeiras, San Fiz; Çima de Villa; Fiz de Rozas, San Lourenzo; Fontenova; Gaioso, terra, antiga xurisdición; Gundín; Labio, San Pedro; León, reino; Lugo; Meda, Santiago; Montemaior; Moreira, Santa María; Pereyra; Quinteela; Quintián; Recimil, San Lourenzo; Ribeira; Rozas; Sande; Sant Martino; Torre