GMH/ÍNDICE A-Z

1009
1427, xaneiro, 23. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Estevo Eanes, clérigo do coro, e a dúas voces unha casa na rúa de Vermudo Sánchez, por renda anual de oito marabedís o día de San Martiño.

MADRID, AHN,  Cód. 416 B, f. 88 r.


       

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como nos as persoas coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et avendo primeyramente sobre elo noso consello et deliberaçon, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que esta presente et outorgante, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores, damos aforo et avervo a vos Estevo Eanes, clerigo do coro da dita iglesia de Lugo, et a outras duas persoas depoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, huna nosa casa que he dos ditos aniversarios et esta en a çiudade de Lugo en a rua de Vermun Sanches, a qual dita casa esta da huna parte junto con outra casa de Maria Nova, filla de Pedro Novo, et da outra parte esta outra casa que he de Jacome Peres, demandador, morador en a çiudade de Santiago, a qual dita casa he sub signo da Capela de Santiago da çiudade de Lugo; et a qual dita casa vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo a nos perteesçe, a a tal pleito et condiçon que vos façades et reparedes a dita casa de todo aquelo que lle feser mester, et ha tenades feyta et cuberta et ben reparada et en boo paramento; et dedes dela de foro et penson de cada ano a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro dos ditos aniversarios, oyto moravedis de moneda vella, ou de longos, de des dineyros novees cada moravedi, et que os paguedes de cada ano por dia de San Martino de novembro; et con condiçon que a pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que do dia que en el quedar et suçeder por persoa seia tiuda de o viir mostrar et presentar en o dito cabidoo do dia que el quedar et suçeder por persoa et reçeber do dito cabidoo ata triinta dias primeyros segentes, et non no comprindo asi que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta, cuberta et portada et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Estevo Eanes, que presente estou asi reçebo o dito foro da dita casa por las maneyras et condiçoes sobreditas por las maneyras et condiçoes sobreditas (sic), et obligo min et meus bees et das ditas persoas de o comprirmos, pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que en esta carta se conten. Et nos as persoas coengos et benefiçiados do dito cabidoo asy vos lo outorgamos.

Feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, viinte et tres dias do mes de janeyro, ano domini millesimo CCCCmo vicessimo septimo.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Afonso, juys; Pedro Fernandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Johan Ruys, Afonso da Bayla, Nuno Gomes, Afonso Rodrigues, Fernando Basanta, Juan Monteyro, coengos da dita iglesia de Lugo; Fernando Fernandes, [...], Fernando Eanes, Afonso Rodrigues, raçoeyros; Fernando Peres, Lopo Rodrigues, Gonçalvo Peres, coengos d’aniversario, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do Bispo dese lugar, esta carta scripvi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.