GMH/ÍNDICE A-Z

520
1348, decembro, 30. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Lope Arias e á súa muller e a unha voz os casais de Vilarpunteiro, na freguesía de Santa Marta, por renda anual de 50 marabedís, a obriga de construír dúas casas cubertas de palla e outras condicións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 61v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo de Lugo, con outorgamento dos coengos d’aniversario dessa iglesia, avervamos et arrendamos a vos, Lopo Arias de Segeree, et a vosa muller, Tareyia Lopes, por en todos vosos dias de anbos et de huna pesoa qual o pustrimeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, os cassares de Villar Ponteyro, que son dos aniversarios desta iglesia de Lugo, con todas suas dereyturas et pertenenças, sub signo de Santa Marta de Villar Ponteyro; et avedes a lavrar et parar ben as herdades dos ditos casares et chantar y das arvores, et faserdes y duas cassas boas segundo as outras desa terra, cubertas de palla, et faserdes-las ata III annos primeyros, se non que pergades o vervo, et manteerlas feytas. Et vos et a dita vosa muller avedes a dar, cada anno, de renda en salvo en Lugo, a aquel que recadar os aniversarios desta iglesia, çinquaenta moravedis desta moneda del rey don Affonso, d’oyto soldos o moravedi, por dia de kalendas janeyras. Et aquela persoa que y for nomeada ha de dar, cada anno, çinquenta et çinquo moravedis da dita moneda a o dito prazo. Et a finamento da pessoa que for nomeada no dito vervo os ditos cassares deven aficar livres et quitos a os aniversarios desta iglesia con as ditas cassas feytas, et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos, et avedes y demays a leyxar de poblo nos ditos lugares quatro armentios boos et duas porcas. Et aquela pesoa que y for nomeada deve a viir reçeber este vervo do cabidoo do dia que o pustrimeyro de vos finar ata hun mes. Et avedes a seer serventes et obedientes a a iglesia de Lugo.

Et eu, o dito Lopo Arias, que estou presente por min et por la dita minna muller et pesoa sobredita, asy reçebo este vervo et renda de vos, dayan et cabidoo sobreditos, et obligo todos meus beens et seus para conprir todo esto que sobredito he, et demays para o asy comprir et pagarmos os ditos moravedis, cada anno, commo dito he, et faser as ditas cassas, et manteer las outras que y estan, dou-vos por fiadores a Gonçalvo Peres, sanchristan da iglesia de Lugo, et Diego Lopes, clerigo de Santiago de Cova, anbos et cada hun deles por lo todo. Nos los ditos Gonçalvo Peres et Diego Lopes que estamos presentes et outorgantes a a dita fiadoria. Et eu, o dito Lopo Arias, obligo meus beens, et o dito vervo et renda del, para vos quitar en salvo desta fiadoria, et se por la ventura estes fiadores, ou algun deles finar, que de outro fiador a vos, lo dito cabidoo, en seu lugar en aquel anno que finar. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos, las partes sobreditas, rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que feçesse desto duas cartas tal huna como outra, huna no livro do cabidoo et outra a o dito Lopo Arias.

Que foron feytas en Lugo, triinta dias de dezembre, era de mill et CCC LXXXª et seys annos.

Et foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayan sobredito; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Garçia Diaz, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, mestrescola; don Vaasco Dias, thesoreyro; et Andres Peres, Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Lopo Domingues, Rodrigo Affonso, Alvar Rodrigues, coengos; Gonçalvo Peres, Iohan Ferrnandes, Ruy Gomes, Afonso Yanes, clerigos do coro; Fernando Peres, notario de Lugo, et Fernando Peres, seu fillo, ts., et outros.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a esto fuy pressente et fiz scripvir et puge y meu sinal.