GMH/ÍNDICE A-Z

521
1348, decembro, 30. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Arias Gómez e a unha voz o casal de Souto, en Santiago de Ferroi, coa renda dos aniversarios en vila de Arriba, freguesía de Santa María de Ferroi, por renda anual de dúas terzas e media de pan mais outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 62r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento dos coengos d’aniversario desa iglesia, avervamos et afforamos a vos Arias Gomes de Santiago de Ferroe, scudeyro, et a huna pesoa qual vos nomeardes a tempo de voso finamento, o casal chamado do Souto que he en Santiago de Ferroe, o qual he dos aniversarios desta iglesia de Lugo, con todas suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, peru quer que vaan, et con a renda que os aniversarios an na Villa d’Arriba, que he sub signo de Santa Maria de Ferroe, et vos avedes a lavrar et parar ben as herdades do dito cassal et manteer la casa que y esta feyta en boo estado. Et avedes a dar de renda, cada anno, en salvo a aquel que recadar os aniversarios desta iglesia, duas terças et medea de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, do mellor pan que y ouver posta a semente, por la teega vella que andava ante que entrasse Affonso. Et este pan avedes a dar enno dito casal commo he uso et custume; et aquela pesoa que y for nomeada ha de leyxar a seu finamento de poblo no dito casal, hun boy et huna vaca et huna porca, et o dito cassal livre et quito a os ditos aniversarios, con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito Arias Gomes, que estou presente por min et por la pesoa sobredita, assy reçebo o dito vervo de vos, dayam et cabidoo sobreditos, et obligo a min et \todos/ meus beens et seus para o comprir asy, et demays para o asy comprir dou-vos por fiador don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea, eu o dito arçidiago que estou presente et outorgante obligo todos meus beens a a dita fiadoria. Et por que esto seia çerto nos, lo dayan et cabidoo sobreditos, rogamos a Ferando Garçia, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo triinta dias de desembre, era de mill et CCC LXXXª et seys annos.

Et foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayam sobredito; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Aras, mestrescola; don Vaasco Dias, thesoreyro; Andres Peres, Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Lopo Domingues, Rodrigo Affonso, Alvar Rodrigues, coengos; Gonçalvo Peres, Iohan Ferrnandes, clerigos.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a esto fuy pressente et fiz escripvir esta carta et puge y meu signal.