GMH/ÍNDICE A-Z

523
1349, xaneiro, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle ao cóengo Xoán Fernández e a unha voz unha casa situada ante a Carnizaría de Lugo, por 60 soldos anuais de renda.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 62r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, afforamos a vos Iohan Ferrnandes, coengo de Lugo, et a huna pesoa qual vos nomeardes a tempo de voso finamento, huna cassa que he dos aniversarios desta iglesia que esta ante la Carniçaria de Lugo, enna qual cassa suya morar Gonçalvo Peres, dito [...quino], a qual esta entre la casa en que ora mora Lopo Affonso, mercador, da huna parte, et da outra, entre la cassa en que mora Arias Peres, notario; por tal condiçon que vos façades morar en voso nome a dita cassa, et manteerla en boo estado, et avedes a dar, cada anno, por renda et alugeyro dela, a aqueles que por nos recadaren os aniversarios, seseenta soldos desta moneda del rey don Affonso, commo he usso et custume de se pagaren os alugeyros das outras cassas que nos avemos en Lugo. Et a passamento de vos et da dita pesoa que fique a dita casa livre et quita a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en ela foren feitos.

Et eu, o dito Iohan Ferrnandes por min et por la dita pesoa, asy reçebo de vos, o dayan et cabidoo sobreditos, a dita cassa, et obligo min et meus beens de pagar cada anno a dita renda et alugeyro commo dito he. Et nos, o dayan et cabidoo, asy vos la outorgamos, et por que esto seia çerto mandamos-vos ende dar esta nosa carta seellada con noso seello pendente, et por mayor firmidue mandamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que posesse en ela seu sinal.

Que fuy feyta en Lugo tres dias de ianeyro, era de mill et CCC LXXXª et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayan sobredito; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Garçia Diaz, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, mestrescola; don Vaasco Diaz, thesoreyro; Iohan Diaz, Lopo Domingues et Rodrigo Affonso, coengos de Lugo, ts.

Eu Fernando Garçia, notario sobredito, que fuy pressente et fiz scripvir et puge y meu sinal.