GMH/ÍNDICE A-Z

524
1349, febreiro, 18. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle ao notario Fernando Pérez unha herdade en Saamasas, por dúas terzas de pan anuais, que o devandito notario ten en préstamo do Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 111v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo juntados en cabidoo por canpaa tanjuda commo avemos de uso et de costume de nos ajuntar, damos et outorgamos a vos Fernan Peres, notario de Lugo, por en toda vosa vida, toda a nossa herdade dos aniversarios, que de nos tevo en renda Pedro Fernandez, dito Trialas, clerigo do nosso choro; a qual herdade he et iaz en Samassas et enredor da villa d’Avoyn et en Rianpro, et des-la fonte de Santa Maria a o caminno do castineyro commo ven a a Porta Nova, et da Porta Nova commo ven a a Porta Minaa por lo caminno que desçende a Pousadella et a Pumarinno contra o vao de Samassas, segundo a tragia et usava o dito Pedro Fernandez, con suas pertenenças et dereyturas et casas sub quaesquer signos que vaan; as quaes herdades vos damos por renda de duas terças de pan que de nos teedes en prestamo cada anno, et que as aiades por toda vossa vida et se mays renderen as ditas herdades ca as ditas duas terças de pan d’aqui endeante damos-vos lo que o tennades de nos en prestamo, outrossi por en toda vosa vida, por moyto serviço que nos fezestes et fazedes a nos et a a dita nossa iglesia. Et a vossa morte esta dita herdade ha de ficar a nos et a os aniverssarios da dita iglesia livre et quita con todos los boos paramentos que en ella foren feytos. En testimonio desto mandamos-vos dar nossa carta seelada con nosso seello.

Feyta en Lugo dez et oyto dias de febreyro, era de mill et trezentos et oyteenta et sete annos.

Testemoyas que presentes foron: don Diego Fernandez, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Afonso Gomez, arçidiago de Deça; don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Pedro Aras, meestreescolla; don Vaasco Rodriguez, arçidiago de Deçon; Iohan Diaz, Lopo Domingues, Thomas Gonçalvez, coengos; Iohan de Lovea, Gonçalvo Peres, coengos d’aniverssario da iglesia de Lugo; Rodrigo Eanes, sobrinno do dito chantres; Aras Fernandez de Villagonte; Alvar Diaz de Moesteyro ts., et outros moytos.