GMH/ÍNDICE A-Z

525
1349, febreiro, 28. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Gonzalo Pérez, sancristán, e a unha voz unha casa no Campo de Lugo, por renda de 20 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 59v.

Era de mill et CCC LXXXª et sete annos, pustrimeyro dia de febreyro.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Diego Ferrnandes, dean, et o cabidoo da iglesia de Lugo, afforamos et avervamos a vos Gonçalvo Peres, sanchristan da dita iglesia, por en toda vossa vida et de huna pessoa semellavel de vos qual vos nomeardes en vida ou a tempo de vosso finamento, a nossa cassa que esta no Campo de Lugo, entre la cassa en que morava Affonso de Negral, mercador, da huna parte, et outra cassa que foy de Affonso Rodrigues, mercador da rua Minaa, da outra parte; a qual cassa sobredita de nos tinna avervo por sua vida Françisco Martines et Maria Ferrnandes, moradores que foron en Chantada; et esta cassa sobredita vos afforamos con todas suas dereyturas et pertenenças en tal maneyra conven a saber que avedes a parar ben a dita cassa, et adubarla d’aquel adubeyro que ouver mester, et manteerdela en boo estado vos et a dita pessoa, et avedes a dar, cada anno, en renda por alugeyro dela en salvo a a iglesia de Lugo, vos et a dita pessoa que vos nomeardes segundo dito he, viinte moravedis, a onçe dineiros minos terça de hun por cada moravedi, desta moneda del rey don Affonso; et a tempo de finamento de vos et da dita pessoa que a dita cassa fique livre et quita a a iglesia de Lugo, con todos los boos paramentos que en ella foren feitos.

Et eu, o dito Gonçalvo Peres sanchristan que presente estou, asy reçebo de vos, o dito dean et cabidoo, o vervo et foro da cassa sobredita por min et por la dita pessoa que for nomeada, et obligo min et todos meus beens para pagar, cada anno, en salvo os ditos viinte moravedis eu et a dita pessoa. Et por que esto seya çerto nos, las ditas partes, rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico del rey en Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Feitas en Lugo dias et era et mes sobreditos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Dias, thesoreyro; Lopo Domingues; Tomas Gomes, Iohan Dias, Rodrigo Affonso, coengos de Lugo, ts.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico sobredito, a esto presente foy et por rogo das ditas partes esta carta escripvi et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.