GMH/ÍNDICE A-Z

534
1349, xuño, 27. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Lopo Afonso e a dúas voces os lugares de Vilaúxe e A Ermida, na freguesía de San Salvador de Vilaúxe, por renda anual de 50 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 63r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Diego Ferrnandes, dayan de Lugo, et o cabidoo dese mysmo lugar, seendo iuntados en cabidoo por campaya taniuda no coro desa iglesia, segundo he husso et custume de nos iuntarnos a cabidoo, damos et outorgamos et avervamos a vos Lopo Affonso, criado de don Affonso Yanes, thesoreyro que fuy, por en todos vosos dias, et a duas persoas a pus vosa morte, huna qual vos nomeardes para esto et outra qual nomear aquela persoa que vos nomeardes, os nosos lugares que Françisco Martines, natural de Paramo, morador en Chantada, et sua muller, Maria Ferrnandes, de nos teveron en vervo; os quaes son en terra de Villahuxe, que foron de don Pedro Yanes Marinno; et damos-vos mays o noso lugar da Hermida, que chaman de Santa Maria de Cavaayro, que he sub signo de San Salvador de Villahuxe, a qual herdade se parte por meo con o moesteyro de Santa Maria de Osseyra. Os quaes vos damos con todas suas pertenenças et dereyturas, a a tal pleyto et vervo que vos paredes et façades parar ben estes lugares sobreditos, et mantenades as casas en boo estado. Et vos avedes a dar, cada anno, en vosa vida, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia, çinquaenta moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos cada moravedi. Et as pesoas que a pus vos veeren no dito vervo, commo dito he, daren cada anno seseenta moravedis da dita moneda. Et estos moravedis sobreditos pagardes-los, cada anno, en salvo en Lugo por dia de Pascoa de Resurecçon a aquel que tever os aniversarios commo dito he. Et a voso finamento et das pesoas sobreditas deven ficar estes lugares et hermida sobreditas a os aniversarios desta iglesia de Lugo livres et quitos con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Affonso, que estou presente, asy reçebo o dito vervo de vos, lo dayam et cabidoo sobreditos, por min et por las persoas sobreditas, et obligo min et todos meus beens de o comprir asy en todo commo sobredito he. Et que esto seia çerto nos, las ditas partes, rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que fezese ende esta carta et posesse en ela seu signal, et por mayor firmidue mandamos-la seellar de noso seello pendente.

Que fuy feyta no coro da iglesia de Lugo XXVIIe dias de iunyo, era de mill et CCC LXXXª et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, mestrescola; Iohan Dias, Lopo Domingues, Rodrigo Affonso, coengos; et Diego Gomes, raçoeyro; Iacome Yanes, Iohan Ferrnandes et Gonçalvo Peres, clerigos do coro da dita iglesia; Fernando Peres, notario; Romeu Ferrnandes, omme do arçidiago de Neyra, ts.

Eu Fernando Garçia, notario sobredito, fuy pressente et fis scripvir et puge y meu signal.