GMH/ÍNDICE A-Z

539
1349, agosto, 8. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Fernando Vázquez, clérigo do coro, e a unha voz unha casa na rúa do Burgo Novo por renda anual de 45 soldos e a obriga de amañala e facer unha cociña.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 63v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo por campanya taniuda no coro desa iglesia segundo que avemos de uso et de custume de nos iuntar a cabidoo, avervamos et afforamos a vos Fernando Vaasques, clerigo do coro de Lugo, por en todos vosos dias et de huna pesoa qual vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, huna casa que he dos aniversarios desta iglesia, que esta na rua de Burgo Novo, en que suya morar Ruy Peres dito Leyton, con seu saydo et con suas pertenenças et dereyturas, a qual esta entre outra casa do dito Ruy Peres, da huna parte, et da outra parte, esta outra casa de Moor Affonso, muller de Gomes Arias de Pallares. A a tal pleito et vervo que vos reparedes ben a dita casa et façades y huna cocinna de taula, ut suya estar, contra a cortinna, et a mantenades en boo estado, et dedes de renda et de alugeyro dela en salvo, a aquel que recadar os aniversarios desta iglesia, en vosa vida quareenta et çinquo soldos cada anno, et aquela persoa que vos nomeardes para esto de quareenta et oyto soldos, cada anno, desta moneda del rey don Affonso. Et a voso finamento et da dita pesoa a dita casa deve ficar livre et quita a a dita iglesia de Lugo, con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito Fernando Vaasques, que estou presente, asy reçebo a dita cassa et vervo et alugeyro dela de vos, lo dayan et cabidoo sobreditos, por min et por la persoa sobredita, et obligo todos meus beens et seus para reparar a dita cassa et pagar o dito alugeyro, cada anno, en salvo commo dito he, et demays para reparar asy a dita casa dou-vos por fiador don Alvar Dias, arçidiago de Neyra. Eu o dito arçidiago que estou presente et outorgante et obligo todos meus beens a a dita fiadoria.

Et que esto seia çerto nos, las ditas partes, rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que feçese ende esta carta.

Que foy feyta enno dito lugar VIIIº dias de agosto, era de mill et CCC LXXX et sete annos.

Et foron presentes: o dito dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Dias, mestrescola; Iohan Dias, Lopo Domingues, Rodrigo Affonso, coengos; Ruy Peres, raçoeyro; Iacome Guillelmez, notario de Lugo, ts.

[Et eu Fernando Garçia, notario publico sobredito, fuy pressente et fis] scripvir et puge y meu signal.