GMH/ÍNDICE A-Z

547
1349, decembro, 3. Lugo
O testamenteiro do cóengo, Fernando Afonso, entrégalle ao Cabido tres libros que o devandito cóengo tivo en préstamo. Deseguido, o Cabido entrégallelos ao deán, ao mestrescola e ao arcediago de Neira.
 MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 64v.

Era Mª CCCª LXXXª VII, tres dias de dezembre.

En presença de min Fernando Peres, notario publico de nosso sennor el rey enna çibdade de Lugo, et das testemoyas subescriptas, Iacome Peres, exsecutor do testamento de Fernando Afonso, coengo de Lugo que foy, entregou a o dayam et a o cabidoo de Lugo os tres livros que o dito Fernando Afonso delles tinna segunt se conten en huna \carta/ que ias escrita en este livro, dos quaes se outorgaron por pagos dos tres livros. Don Diego Fernandes, dayam, reçebeu en si hun Degredo et don Alvar Dias, arçidiago de Neyra, reçebeu hun livro d’un Digesto Vello, et don Pedro Ares, mestrescolla, reçebeu outro livro que se conteen os libellos et a le[...] de [...]. Os quaes reçeberon deste cabidoo en gracia, obrigando por seus bees cada hun deles de os tornar a a iglesia.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Iohan Dias, Lopo Domingues et Tomas Gomes, coengos de Lugo.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas et fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.